Soltas de perdices 2026 no Tecor Terra Chá
O Societario de Cazadores Terra Chá continúa executando o calendario de soltas de perdiz para a tempada 2026, mantendo o compromiso coa mellora do hábitat,…
A Sociedade Deportiva de Cazadores “Societario de Cazadores Terra Chá” é unha asociación privada sen ánimo de lucro que ten por obxecto exclusivo o fomento e a práctica da caza e actividades deportivas relacionadas con este exercicio. Está afiliada á Federación Galega de Caza e rexistrada no Rexistro de Entidades Deportivas.
O Societario de Cazadores Terra Chá é o titular do aproveitamento cinexético no TECOR TERRA CHÁ, e por iso, o encargado de planificar o aproveitamento de poboacións de especies cinexéticas.
O TECOR TERRA CHÁ é o terreo cinexético máis grande de Galicia, esténdese polos concellos de Cospeito, Castro de Rei e Pastoriza, abarcando un total de 46.000 hectáreas.
A caza é una actividade relevante para as zonas rurais galegas en termos económicos. Segundo o estudo socioeconómico sobre a caza e o perfil do cazador en Galicia elaborado polo Observatorio de Caza da Federación Galega de Caza, esta actividade xera ao ano preto de 95 millóns de euros na rexión.
O societario de cazadores Terra Chá é participe desta inversión, destinando uns 100.000€ anuais para melloras no hábitat e repoboacións, sobre todo destinadas á protección da perdiz e do coello.
A caza, na súavertente de especies maiores, é unha actividade fundamental para a mellora da habitabilidade e explotación agrícola das zonas rurais galegas, principal sustento económico da nosa comarca. As cuadrillas de caza maior do societario de cazadores Terra Chá son fundamentais para controlar o crecemento de densidade poboacional do xabarín, abatindo máis de 200 peza sanuais. A venta de axexos de corzo é outro dos puntos estrela deste tecor, recoñecido por todo o país como destino de caza nesta modalidade, axundando á dinamización económica da comarca
A cetrería é unha modalidade de caza que está en auxe, sen dúbida a combinación de natureza, aves, e caza no sentido máis salvaxe da súa palabra fan desta modalidade unha actividade apaixonante como ningunha. E o mellor de todo, cada vez máis ao alcance de calquera afeccionado.
Sen dúbida, se está a pensar en penetrarse na caza con aves de cetrería no tecor de Terra Chá dispoñemos dunha zona permanente de caza exclusiva para a cetrería.
O Societario de Cazadores Terra Chá continúa executando o calendario de soltas de perdiz para a tempada 2026, mantendo o compromiso coa mellora do hábitat,…
Entrevista con Adrián Rodríguez Morán, presidente primeiro da Sociedade de Cazadores Terra Chá
D. Adrián Rodríguez Morán é o presidente primeiro da Sociedade…
Co obxectivo de facer máis cómodas, rápidas e seguras as xestións do noso Tecor, activamos na nosa páxina web un novo sistema de xestión online.…
D. Juan José Fernández Rodríguez é o vogal responsable de axexos do Societario de cazadores Terra Chá. Comezou a súa xestión no societario como vogal…
O pasado fin de semana celebrouse en Antequera (Málaga) o LI Campionato de España de Recorridos de Caza, unha das probas máis esixentes e prestixiosas…
O Societario de Cazadores Terra Chá celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria o domingo 14 de xuño ás 10:00 h, un encontro anual no que…
Desde o pasado sábado ata o martes, o noso Societario de cazadores Terra Chá tivo o orgullo de converterse no centro de atención do sector…
A tempada cinexética no Tecor Terra Chá chegou ao seu fin, pero como é habitual, o traballo interno da sociedade intensifícase durante o mes de…
¿Quen dixo que a caza remata co último disparo de febreiro? No Tecor Terra Chá, o deporte simplemente muda de pel. Deixamos atrás as escopetas…
A Federación é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma Galega e sendo unha entidade de utilidade pública.
Visita a sua web