Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia SUBVENCIÓNS DEPORTE GALEGO

SUBVENCIÓNS DEPORTE GALEGO

O pasado 27 de maio de 2025, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia D. José Ramón Lete Lasa, asinou a resolución pola que se resolveron as solicitudes para a concesión das subvencións de concorrencia competitiva a clubs deportivos de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas para o ano 2025.

Como ben sendo habitual na última década, o societario de cazadores Terra Chá solicitou acollerse a esta axuda, que sempre se llefoi concedida pola administración, de igual forma ca nesta ocasión. Cabe recordar que a nosa asociación deportiva, debidamente rexistrada nos órganos competentes, suma nas súas filas máis de 250 deportistas federados, entre os cales se distinguen varios campións provinciais e galegos das súas respectivas disciplinas, nas distintas variedades de competicións organizadas pola Federación Galega de Caza. Por suposto, como é de recibo, os clasificados tamén representan honorablemente a Galicia nos campionatos de España correspondentes, neste caso organizados pola Real Federación Española de Caza.

É de salientartamén, que o societario de cazadores Terra Chá continúa organizando charlas didácticas de promoción do deporte da caza, sobre todo da cetrería, nos colexios da contorna, actividade que ten unha gran acollida entre os nosos mozos e mozas chairegos. Ademáis, é pública e notoria a implicación desta sociedade en diferentes actividades de integración da muller no deporte e nor órganos directivos da sociedade, tal como a presencia da secretaria xeral da xunta directiva do societario de cazadores Terra Chá, a organización de cacerías contra a violencia de xénero ou a promoción de altas como socias nesta sociedade.

A Xunta de Galicia, cun presuposto que se acercar a catorce mil millóns de €, nesta anualidade 2025 e a través da secretaría xeral para o deporte, alcanzou o acordo de satisfacer a solicitude do Societario de cazadores Terra Chá cunha contía de 500€, o que supón unha reducción do 56% respecto a 2024. É de agradecer a axuda da principal administración da nosa comunidade autónoma, xa que a súa colaboración alcanza o 0´4% do presuposto anual da sociedade, o que da o impulso necesario e anima a continuar promocionando o deporte da caza na comarca da Terra Chá.

Aproveitamos estas liñas para agradecer a fiel axuda doutros patrocinadores históricos desta sociedade, entre eles o concello de Cospeito con 800€, cun presuposto tres mil duascentas veces menor ca Xunta de Galicia, o que da fe do esforzo realizado por esta entidade local para promocionar e apoiar o deporte da caza. Xunto a el, é de agradecer a colaboración dos concellos de Castro de Rei e A Pastoriza coa aportación de trofeos para as distintas probas que se realizan, e da Excma. Deputación provincial de Lugo, principal colaborador da sociedade, que outorga una axuda anual que no 2024 alcanzou os 2164€

PR945C – Subvencións clubs ACTIVIDADE – Lista definitiva de entidades beneficiarias

Comparte esta noticia