ZONA DE ESCOPETAS

No “Tecor Terra Chá” temos o privilexio de contar cunha zona de caza permanente para adestrar e disfrutar dos nosos cans nunha acción de caza real, durante todo o ano agás na parada biolóxica dos meses de maio, xuño e xullo.

Situado no barrio da Xoca, en O´Arneiro (Cospeito), desfrutamos de 300ha para pasar unha xornada de caza menor, a un módico precio diferenciado se es socio ou non.

Para máis información, chama ao 982528017 (Bar Alvariño-Muimenta).

Foto superior Zona de caza permanente


Normas zona de caza intensiva

SOCIOS TECOR TERRA CHÁ 6€ por persoa
NON SOCIOS TECOR TERRA CHÁ 12€  por persoa

Zona intensiva: os fins de seman ou festivo mínimo 5 participantes. POLA SEMANA NON HAI MÍNIMO DE PARTICIPANTES
No caso de non chegar a cifra mínima de participantes reflexada en este documento en calquera das alternativas, abonarase o importe correspondente como se asistisen o número mínimo de participantes (5).
Poden participar nesta cacería SOCIOS e NON SOCIOS, pagando cada participante o que corresponda (6€ ou 12€).

A efectos do importe a pagar por participar en cacerías na zona de caza permanente, considérase socio do TECOR TERRA CHÁ a todo aquel que se acredite como tal, presentando a tarxeta da temporada que corresponda en ese momento xunto co D.N.I. (estar ó día no abono da tarxeta de temporada)

  1. Poñer na autorización os datos de todas as persoas participantes no grupo, nomeando un representante do mesmo, deixando número de telefono para manter contacto se fose necesario.
  2. Facer incapé en que os cazadores recollan vainas dos cartuchos, así como todo residuo resultante da cacería (caixas, plásticos).

Calendario de reservas da zona permanente