BATIDAS DE XABARIL

Na comarca da Terra Chá ha iunha dependencia case absoluta da actividade gandeira e agrícola para a subsistencia económica das familias veciñas. Na loita que mantén o rural galego para non se converter en parte desa “España vaciada” que avanza inexorablemente pola península, medra un potente inimigo na figura do xabaril. E a caza é parte imprescincible da mitigación deste problema, sen lugar a dúbidas.

O Societario de cazadores Terra Chá está plenamente concienciado da necesidade de controlar a densidade do “sus scrofa”, e para elo leva a cabo ao redor de 150 cacerías por tempada, repartidas entre as 10 cuadrillas que conviven neste tecor, abatindo cada anualidade entre 250 e 300 xabariles.

Cada tempada, adoitase comezar no segundo sábado de setembro, para finalizar o derradeiro sábado do ano, cazando tódalas cuadrillas cada sábado do intervalo, salvo que sexa festivo, e na 2025/2026, será así de novo.

Os apaixoados desta modalidade temos unha data marcada en vermello no calendario, o 13 de setembro, para iniciar unha nova aventura chea de latexos, levantes, disparos cos seus acertos e os seus maioritarios erros, para disfrutar desta caza e, ao mesmo tempo, axudara os nosos veciñosco control cinexético do xabaril.

Esta sociedade pon a disposición dos interesados a posibilidade de participar nunha batida aboando unha cuota de 15€/día ou 150€/ tempada (inclúe corzo e xabaril).

Para máis información podese poñer en contacto con Marcos Losada +34 635 818 508

Foto superior Caza Maior

Foto medio Caza Maior

BATIDAS DE CORZO

Falar de Tecor Terra Chá aos afeccionados á caza do corzo en batida é falar de diversión, lances garantidos cada día e innumerables persecucións dos cans a este precioso animal.

O “tragabalas” deixa grandes anécdotas nas nosas cuadrillas, disparos fallados, e tamén algún acertado, para alcanzar unha cota de capturas que ascenden a uns 70 machos por tempada.

Co obxectivo de perpetuar a especie na nosa contorna, o Societario de cazadores Terra Chá decide cada ano non facer presión cinexética sobre as femias de corzo, vedando a súa caza, e respetando fielmente as épocas de cría.

Seguindo a orde de vedas 2025/2026, iniciarase a campaña o 16 de agosto tódolos sábados e domingos ata que comeza o xabarín, para continuar despois solo os domingos ata o fin de tempada, que será o 5 de outubro

Coma no xabaril, o Societario de cazadores Terra Chá pon a disposición dos interesados a posibilidade de participar nunha batida aboando unha cuota de 15€/día ou 150€/ tempada (inclúe corzo e xabaril).


AXEXOS DE CORZO

Coñecido e recoñecido é, sen lugar a dúbidas, o Tecor Terra Chá en gran parte de España e Portugal para os cazadores de corzo en axexo. De tradición centroeuropea, esta modalidade chegou fai máis dunha década a estas terras para quedarse, e hoxe é parte importante do presuposto anual da sociedade.

Coa colaboración de varios guías socios do Terra Chá, lógranse abatir uns 40 corzos en axexo por temporada, dentro das 46000ha do tecor, sendo así a maneira de conservar a especie sen sobre explotala, indo por debaixo do que nos marca o noso plan de ordenación cinexética elaborado por persoal cualificado cada 5 anos.

Para os interesados en obter un precinto de corzo para capturas nos meses de abril, maio, xuño e xullo, podéis poñervos en contacto co responsable desta sección dentro da xunta directiva da sociedade.

Para máis información podese poñer en contacto con Juan Balmonte +34 600 057 004

Foto inferior Caza Maior

Mapa do Tecor Terra Chá

Documentación de interese

Lei de caza xaneiro de 2014


LEI 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Galicia experimentou unha transformación acelerada na súa paisaxe agraria nos últimos anos. Cambios profundos nas estruturas familiares agrarias, tanto no modo de producir coma nos cultivos agrícolas e forestais, mudaron dun modo substancial os compoñentes do territorio e, por tanto, as condicións dos hábitats, que derivaron no incremento das poboacións dalgunhas especies en detrimento doutras.

Orde de vedas abril de 2024


RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.