Normativa vixente de caza
A Sociedade Deportiva de Cazadores “Societario de Cazadores Terra Chá” é unha asociación privada sen ánimo de lucro que ten por obxecto exclusivo o fomento e a práctica da caza e actividades deportivas relacionadas con este exercicio.
Lei de caza xaneiro de 2014
LEI 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Galicia experimentou unha transformación acelerada na súa paisaxe agraria nos últimos anos. Cambios profundos nas estruturas familiares agrarias, tanto no modo de producir coma nos cultivos agrícolas e forestais, mudaron dun modo substancial os compoñentes do territorio e, por tanto, as condicións dos hábitats, que derivaron no incremento das poboacións dalgunhas especies en detrimento doutras.
Orde de vedas abril de 2024
RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.