Nova axuda da secretaría xeral para o deporte
📢 Concesión de axuda para equipamento cardioprotector ao Societario de Cazadores Terra Chá
O Societario de Cazadores Terra Chá foi beneficiario dunha axuda concedida pola…
A Sociedade Deportiva de Cazadores “Societario de Cazadores Terra Chá” é unha asociación privada sen ánimo de lucro que ten por obxecto exclusivo o fomento e a práctica da caza e actividades deportivas relacionadas con este exercicio. Está afiliada á Federación Galega de Caza e rexistrada no Rexistro de Entidades Deportivas.
O Societario de Cazadores Terra Chá é o titular do aproveitamento cinexético no TECOR TERRA CHÁ, e por iso, o encargado de planificar o aproveitamento de poboacións de especies cinexéticas.
O TECOR TERRA CHÁ é o terreo cinexético máis grande de Galicia, esténdese polos concellos de Cospeito, Castro de Rei e Pastoriza, abarcando un total de 46.000 hectáreas.
A caza é una actividade relevante para as zonas rurais galegas en termos económicos. Segundo o estudo socioeconómico sobre a caza e o perfil do cazador en Galicia elaborado polo Observatorio de Caza da Federación Galega de Caza, esta actividade xera ao ano preto de 95 millóns de euros na rexión.
O societario de cazadores Terra Chá é participe desta inversión, destinando uns 100.000€ anuais para melloras no hábitat e repoboacións, sobre todo destinadas á protección da perdiz e do coello.
A caza, na súavertente de especies maiores, é unha actividade fundamental para a mellora da habitabilidade e explotación agrícola das zonas rurais galegas, principal sustento económico da nosa comarca. As cuadrillas de caza maior do societario de cazadores Terra Chá son fundamentais para controlar o crecemento de densidade poboacional do xabarín, abatindo máis de 200 peza sanuais. A venta de axexos de corzo é outro dos puntos estrela deste tecor, recoñecido por todo o país como destino de caza nesta modalidade, axundando á dinamización económica da comarca
A cetrería é unha modalidade de caza que está en auxe, sen dúbida a combinación de natureza, aves, e caza no sentido máis salvaxe da súa palabra fan desta modalidade unha actividade apaixonante como ningunha. E o mellor de todo, cada vez máis ao alcance de calquera afeccionado.
Sen dúbida, se está a pensar en penetrarse na caza con aves de cetrería no tecor de Terra Chá dispoñemos dunha zona permanente de caza exclusiva para a cetrería.
📢 Concesión de axuda para equipamento cardioprotector ao Societario de Cazadores Terra Chá
O Societario de Cazadores Terra Chá foi beneficiario dunha axuda concedida pola…
📊 Tempada de xabaril no Tecor Terra Chá: evolución, cifras e reflexións
A tempada de caza do xabaril avanza con forza no Tecor Terra Chá.…
D. Juan Antonio Pena Pillado é o vicepresidente primeiro do Societario de cazadores Terra Chá. Xunto co vicesecretario Jaime González Penelas, son os membros da…
Durante esta fin de semana celebrouse no Tecor Terra Chá o XXII Campionato Galego de Cetraría Xunta de Galicia, organizado pola Federación Galega de Caza…
O pasado sábado 25 de outubro, os arredores de Vilapene (Cospeito) espertaron co son dos primeiros disparos dunha xornada moi especial: o Campionato Provincial de…
Durante todo o sábado e o domingo, o Tecor Terra Chá converterase tamén no epicentro da cetrería galega coa celebración do Campionato Galego de Cetrería…
O Tecor Terra Chá prepárase para acoller unha fin de semana de gran actividade cinexética e deportiva, que combinará a caza social e dúas importantes…
O 19 de outubro de 2025 marcou o inicio dunha nova tempada cinexética no tocante á caza menor en Galicia. Como é habitual, os membros…
Cospeito vibrou coa primeira edición da "Feira Brava: Sabores do Monte", un evento que converteu a carne de caza e a natureza no centro da…
A Federación é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma Galega e sendo unha entidade de utilidade pública.
Visita a sua web