ZONA EXCLUSIVA DE CETRERÍA

Nesta zona exclusiva para os cetreros poderemos cazar todos os días dende o 1 de agosto ata o 30 de abril, calquera especie segundo a lexislación de caza, nela realízanse soltas regulares de especies autóctonas como a perdiz, repoboando constantemente para que os cetreiros dispoñan de caza toda a tempada.

A zona intensiva de cetrería pódense utilizar desde o día 1 de agosto ao 30 de abril

Para máis información podese poñer en contacto con José Villaverde [Alma] +34 678 641 208

Foto superior Zona de caza permanente

Foto medio Zona de caza permanente

Reservas zona permanente de cetrería

Agora os socios de cetrería podedes reservar un día de caza para a zona permanente de cetrería con para un máximo de dous acompañantes por socio, ademais debedes ter en conta que non reservades a zona exclusiva para vós ese día, senón que poderá a ver máis socios cazando na zona, só un socio poderá reservar un día e non poderá a ver máis reservas doutros socios para ese día. E non se poderá reservar os días que se realicen soltas xa que estas son exclusivas para os socios, os días de soltas quedasen reservados polo Tecor e bloqueados, deixámosvos un calendario de reservas para esta zona ao final desta páxina.

Prezo por día e persoa 10€.
Para reservar contactar con 
José Villaverde [Alma] +34 678 641 208


ZONA DE CAZA INTENSIVA

Esta zona tamén se poderá utilizar para a cetrería a condición de que non estea reservada por algún cazador ou cazadores que soliciten e reserven o día de caza nesta zona, antes de ir debedes revisar o calendario de reservas desa zona e comprobar que non está reservada, no caso de que este libre poderedes usala para voar as vosas aves, deixámosvos a ligazón do calendario desa zona de caza permanente, nesta zona non se han soltas.

Lembrámosvos que esta é unha zona de caza con escopeta que se aluga a calquera cazador de escopeta ou cetrería polo cal debemos respectar as reservas.

A zona intensiva de caza pódense utilizar desde o día 1 de agosto ao 30 de abril igualmente que a zona cetrería.


Ligazón para comprobar os días ocupados desta zona

Foto inferior Zona de caza permanente

Calendario de reservas da zona cetrería