Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA TECOR TERRA CHÁ LU- 10.008

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA TECOR TERRA CHÁ LU- 10.008

En reunión de xunta directiva do Societario de cazadores Terra Chá, celebrada o pasado 10 de maio, decidíuse convocar asamblea xeral da sociedade o vindeiro 8 de xuño. Por primeira vez nesta sociedade, decidiuse proceder á convocatoria vía web, co fin de aforrar os 1000€ aproximadamente que custa a impresión e envío a tódolos socios, ademáis do traballo de meter en sobres 800 cartas de varias páxinas. Igualmente, exporase no taboleiro de anuncios da sociedade, situado na Casa da Cultura de Muimenta, ademáis da publicación da xuntanza en prensa provincial (Diario El Progreso)

De todas formas, se algún socio considera necesario que se lle envíe a carta físicamente, deberá porse en contacto con calquera membro da directiva e faráselle chegar á maior brevidade posible.

Ademáis da convocatoria de asamblea, adxúntase proposta de plan de caza para análise público previo a votación na mesma. Conxuntamente, publícase a proposta de calendario electoral para elección de presidente e xunta directiva do Societario de cazadores Terra Chá.

Zona Privada 

Enlace para socios

Comparte esta noticia