
Visita e reunión entre os propietarios de Agrocinegética Molleda
O pasado 22 de maio ven de celebrarse unha visita e reunión entre os propietarios de Agrocinegética Molleda, e o presidente do Societario de cazadores Terra Chá Jaime González xunto co vicepresidente segundo Juan Antonio Pena, nas propias instalación destes veteranos criadores da patirroxa.
Localizados en Castrocontrigo (León), onde se sitúan as incubadoras e se crían as perdices reproductoras, recibían aos chairegos os lexendarios criadores Víctor e Gerardo, dispostos a explicar polo miúdo toda o proceso de cría, dende a posta dos ovos ata a entrega en cliente.
A visita proseguía nos parques de voo, situados a uns 15km e xa na provincia de Zamora, no lugar de Muelas de los Caballeros, onde se guiou aos representantes do tecor pola totalidade destes 39 parques, coas súas respectivas casetas de abrigo e alimentación.
Perdices de tan só unhas semanas, parte delas para a entrega a finais de xullo no Tecor Terra Chá, perfectamente separadas por data de nacemento en cada parque de voo, amontóanse en grupos de ao redor 1200 crías por parque, co fin de non masificar demasiado as instalacións, o que suporía una perda de calidade no voo e posterior defensa no monte. Cunhas medidas de 20m de ancho e un largo de ata 75m, con abundante vexetación e altura suficiente para que as perdices sexan capaces de afacerse ao hábitat galego e ao voo sostido, estos parques son o lugar de cría ideal para esta ave tan especial no mundo cinexético.
Unha vez finalizada a visita ás instalacións, compróbase a correcta alimentación cun pienso de referencia no mercado, de calidade contrastada, que será o alimento principal nesta etapa inicial de cría, ademáis da vexetación do interior dos voadeiros. Nas vindeiras semanas, en función da idade das perdices, farase o cambio a alimentación baseada en trigo para una mellor adaptación ao entorno salvaxe. Tamén se expón e se contrasta a inoculación vía oral, a través de pienso medicado, dun antiparasitario para o correcto crecemento destas aves, o cal se fai en dúas fases: una primeira aos dous meses de nacemento e a segunda unha semana antes da solta no monte.
Por suposto, fíxose fincapé por parte dos representantes da sociedade de cazadores Terra Chá da especial preocupación respecto ás baixas sufridas a mediados da tempada pasada, que reduciu o éxito habitual da solta de perdices neste tecor. Por parte do proveedor comentaron que, ao ser a mortandade tan tardía respecto aos días de solta, puido deberse á especial climatoloxía pluviosa dos meses de novembro e decembro pasados, xa que a desparasitación se fixo nas condicións habituais de contrastada eficacia en ocasións anteriores. Tamén se contactou coa fundación Artemisan, área científica da Real Federación Española de Caza, xunto coa consellería de medio ambiente e a consellería de medio rural da Xunta de Galicia, que descartaron por completo a aparición dalgunha nova enfermidade no medio natural que provocara esta mortandade extraordinaria.
Finalmente, pechouse esta visita e reunión coa exposición das condicións económicas de venta de perdiz para as nosas soltas, onde se alcanzou un acordó satifactorio para ambas partes rápidamente.
Dende o Societario de cazadores Terra Chá, queremos agradecer o trato recibido nesta visita e a amabilidade dos nosos amigos de Agrocinegética Molleda, cos que seguimos dispostos a continuar esta satisfactoria relación comercial iniciada xa fai 12 anos, e que este ano alcanzará o seu máximo nivel coa entrega de 10000 perdices, o que garantirá una fermosa tempada de caza para os socios do Tecor Terra Chá