Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia NOVAS AXUDAS DAS ADMINISTRACIÓNS

NOVAS AXUDAS DAS ADMINISTRACIÓNS

Nos últimos días veñen de confirmarse algunhasaxudas para a nosasociedade, solicitadas en tempo e forma e que atoparonresposta das administracións.

Por unha banda, o concello de A Pastorizafixo a transferencia de 600€ como axudaás actividades realizadas polo societario de cazadores Terra Chá. Con isto, cúmprese o compromiso alcanzado en 2024 pola corporación pastoricense, en palabras do seu alcalde D. Darío Cabaneiro, e o seutenente de alcalde D. Marcos García Lombardero, de colaborar económicamente coa sociedade deportiva con máis federados que interactúa no concello de A Pastoriza.

É de relevancia este paso, xa que é por fin o concello de A Pastorizacumpre o compromiso alcanzado polos alcaldes no momento da fusión dos tecoresorixinais de Cospeito, Castro de Rei e unificado de Pastoriza, matrices do Societario de cazadores Terra Chá, polo que se acordara subvencionar a partes iguais a actividade deportiva da caza na nosa comarca chairega. A totalidade dos socios está agradecida destaaxuda, que se suma á do concello de Cospeito, para facilitar a realización de actividades e alcanzar o obxectivo de ingresos presupostados para a campaña 2025, e esperamos que se manteña no tempo dito compromiso.

CONCELLO DE A PASTORIZA

Por outra banda, ven de publicarse no DOG a outorgación de axuda da Consellería de medio ambiente e cambio climático da Xunta de Galicia, encabezada pola vicepresidenta Dna. Ángeles Vázquez, para a elaboración de tobeiras, co fin de facilitar a adaptación dos coellosrepoboados nos terreos do Tecor Terra Chá. A contíaascende a 6000€, e o prazo de execución remata no vindeiro mes de outubro.

Esperemos que esta medida, xaaproveitada en anualidades pasadas, sexa efectiva para recuperar esta especie tan vinculada ao cazador galego, e permita disfrutar de fantásticas xornadascinexéticasaos socios cazadores do Terra Chá

Comparte esta noticia