
AXUDA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
O pasado 5 de maio ven de recibirse o ingreso da axuda da Excma. Deputación de Lugo, personificada na súa vicepresidencia área de deportes, artesanía e deseño e memoria histórica, conforme á subvención concedida de concorrencia competitiva 2024 que, debidamente xustificada, ascendeu a un total de 2162€ nesta ocasión.
Esta subvención éa meirande axuda deportiva recibida das administracións públicas a esta sociedade, e supón un importante impulso para conformar o presuposto anual do Societario de cazadores Terra Chá.
A xustificación está conformada principalmente polo seguro de responsabilidade civil que cubre aos deportistas da nosa sociedade, xunto cos gastos soportados en pago de mantemento do dominio e páxina web, facturas de roupa deportiva e de máis cargos varios.
Xa está en trámite a subvención de concorrencia competitiva 2025, a cal esperamos que se manteña nos números actuais.
Grazas pola axuda!!