Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia O DEPORTE MÁIS NATURAL, NA NATUREZA

O DEPORTE MÁIS NATURAL, NA NATUREZA

O pasado día 21 de xuño, nas instalacións do museo das aves de Feira do Monte, gracias á colaboración do concello de Cospeito, celebrouse unha xornada de promoción da caza entre os máis xóvenes da nosa contorna.

Organizada pola federación galega de caza, presididida por D. Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, quen conta na xunta directiva co noso presidente D. Jaime González Penelas, a xornada comezou ás 10 da mañá coa presenza de máis de 30 cativos e cativas galegos, acompañados polos seus pais e nais ou titores, para desfrutar da aprendizaxe da caza, ao mesmo tempo que se formaron sobre coidados xerais das persoas e animais da nosa vida cotiá.

Comezou a actividade cuns minutos de aprendizaxe do “One Health”, fundamental para o noso propio coidado cando realizamos actividades do día a día coas nosas mans, para logo continuar con multitude de xogos e ensinanzas para os máis novos, dende identificación de rastros e pegadas, “dende o ceo” con aves de cetrería, detectives, paradiñas con cans de mostra e de rastro ou simulador de tiro

Esta xuntanza deportiva tivo a súa parada para aprovisionamento, que se fixona pizzería Rozas a mediodía, para degustar hamburguesas de venadoe xabaril e lomos de venado, ademáis das pizzas típicas da entidade restauradora

Esta actividade, totalmente gratuita baixo previa inscripción, entrou dentro do plan da federación galega de caza para reintroducir o deporte da caza entre os máisnovos, e asaltar a necesidade de aumentar o relevo xeracional entre os cazadores galegos, plan co que o Societario de cazadores Terra Chá se identifica plenamente e oferta a súaenteira colaboración na procura do seu éxito

Desexamos que disfrutaranquen nos acompañou e se repita con frecuencia esta iniciativa!! Gracias a tódolos colaboradores!!

Comparte esta noticia