Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia Tempada de xabaril no Tecor Terra Chá: evolución, cifras e reflexións

Tempada de xabaril no Tecor Terra Chá: evolución, cifras e reflexións

📊 Tempada de xabaril no Tecor Terra Chá: evolución, cifras e reflexións

A tempada de caza do xabaril avanza con forza no Tecor Terra Chá. Superado xa o segundo mes de batidas, é momento de botar unha ollada aos números e facer balance do que levamos vivido no monte.

🐗 Unha tempada de bo nivel e lances para o recordo

Os nosos cazadores afeccionados están a gozar dunha campaña especialmente activa, tanto en rastros como en capturas. Pero máis alá dos números, destaca un cambio de enfoque: o desfrute dos xabarileiros saboreando cada lance, independentemente do resultado.
Este xeito de entender a caza maior, xa asentado na caza menor, convive co formato tradicional de batida, que esixe coordinación e equipo. Sen cans non hai levantes, e sen tiradores non hai disparos. Cada membro da cuadrilla aporta o seu: o que goza da adrenalina do disparo, o que vibra co latir do can, ou quen vive intensamente o momento do “parado” antes do levante. Todos suman nun equipo único.
Pero a realidade desta modalidade de caza, a batida, é que para que o tirador viva máis lances, é preciso que haxa levantes abondos e, en consecuencia, máis capturas ao aumentar os disparos

📈 Que nos din os números?

Tras os primeiros catro días de caza, xa se intuía un aumento de capturas respecto a anos anteriores. Aínda así, como se comentaba nas tabernas, era cedo para sacar conclusións. A estatística precisa tempo e constancia, e canto menor é o período de análise, máis inflúe o azar.

Previamente á exposición dos datos recabados, citamos posibles explicacións para as variacións:

• Condicións meteorolóxicas: semanas máis secas ou con menos escorrentías favoreceron movementos detectables e capturas, xa que este ano aínda non houbo un só día de caza no que a choiva nos impedira cazar con total normalidade
• Esforzo de caza e organización: mellor coordinación ou aumento do uso de cans rastreadores puideron incrementar capturas por xornada nalgunhas cuadrillas.
• Manexo e poboación: os cambios nas poboacións de xabaril (reprodución, dispoñibilidade de alimentos) poden xerar ciclos, e tal vez este ano o ciclo reproductivo da zona foi moi positivo
• Manadas nómadas: a abundancia de lumes no sur da provincia puido provocar desprazamentos masivos de animais

Agora, con dous meses completados, os datos falan por si sós:

🔢 Comparativa dos primeiros 8 días de caza

TempadaCapturasMedia capturas/xornada
20/2114618´25
21/2214317´87
22/2311514´37
23/2410413
24/2511814´75
25/2616720´87


A tempada actual marca un récord absoluto, cun salto notable respecto ás anteriores.

Capturas por mes

📅 Primeiro mes de caza:

TempadaCapturasMedia capturas/xornada
20/216315´75
21/226115´25
22/234110´25
23/246716´75
24/254411
25/266716´75

📅 Segundo mes de caza:

TempadaCapturasMedia capturas/xornada
20/218320´75
21/228220´50
22/237418´50
23/24379´25
24/257418´50
25/269022´50

🏁 Balance final das últimas tempadas:

TempadaCapturasMedia capturas/xornada
20/21 (19 xornadas)28615´05
21/22 (18 xornadas)31717´61
22/23 (20 xornadas)28214´10
23/24 (16 xornadas)20813
24/25 (18 xornadas)26814´89

Este mes de novembro, tradicionalmente máis frouxo en capturas, sorprendeu cunha xornada de 30 xabarís abatidos, quedando a só un do récord histórico do Tecor, acadado o 11 de outubro.

🔍 E agora, que?
A perspectiva do tempo e a análise “a posteriori” dirán se realmente houbo máis xabaríns esta tempada ou se, como se comenta cada ano, sen excepción, “acabamos con eles”. Porque xa se sabe: para o labrego sempre hai moitos, e para o cazador nunca son suficientes.

Ver estadística gráfica

Comparte esta noticia