Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia Un Comezo Prometedor para a Tempada de Xabaril

Un Comezo Prometedor para a Tempada de Xabaril

Arrancou a tempada de caza maior no Tecor Terra Chá, e tras o primeiro mes de actividade, xa se poden contar moitas historias de lances entre cans, monteiros e tiradores nos montes da nosa comarca.

Nos últimos anos, moito se leva comentado sobre a posible baixada na poboación de xabarís na zona. Moitas veces baseámonos nas nosas sensacións como cazadores ou rastreadores con cans: hai quen di que se ven menos rastros, e tamén temos a evidencia de que os danos nas fincas baixaron... pero tamén sabemos que as sensacións son iso, sensacións. Para uns sempre hai poucos xabarís, e para outros, coma os agricultores ou gandeiros, sempre son demasiados.

Pero... ¿que nos din realmente os números? Aquí é onde non hai discusión posible: os datos falan por si sós.

📊 Os números da caza nos primeiros días de tempada:

Contando sempre con 10 cuadrillas cada día de caza, estas foron as capturas nos primeiros 4 días de cada tempada:

Tempada

Xabarís capturados

20/21

63

21/22

61

22/23

41

23/24

67

24/25

44

25/26

77 (récord)

Este ano (tempada 25/26), acadamos un récord histórico: 77 xabarís nos primeiros catro días. Un dato que sorprende, sobre todo despois de anos de certa baixadanas cifras.

☀️ O factor do tempo tamén conta

Non é o mesmo comezar a cazar en agosto que en setembro. A calor afecta aos cans e aos cazadores, e tamén dificulta seguir os rastros cando hai pouca humidade. Por iso, comparamos as capturas nos mesmos fins de semana históricos (para ter un criterio máis xusto):

Tempada

Xabarís capturados

20/21

68

21/22

77

22/23

53

23/24

67

24/25

44

25/26

77

Como se ve, os números deste ano son moi positivos, e colócanse ao máximo nivel nos rexistros dos últimos tempos.

📅 Resumo ao final de cada tempada:

Aquí podes ver como foi a evolución xeral en número de capturas ao rematar cada tempada:

Tempada

Xornadas

Capturas totais

Media por xornada

20/21

19

286

15,05

21/22

18

317

17,61

22/23

20

282

14,10

23/24

16

208

13,00

24/25

18

268

14,89

A tempada 21/22 foi, ata agora, a máis produtiva en número total e media por xornada. Haberá que ver se este ano, coforte arranque que tivemos, conseguimos acercarnos a ese número de capturas.

🎯 En resumo...

O comezo da tempada 25/26 foi moi prometedor. Se seguimos nesta liña, estamos ante un ano excelente no Tecor Terra Chá. Iso si, como sempre, os números son os que son, pero cada cazador terá a súa lectura. As cifras fálannos dunha realidade; as sensacións, doutra... e aí é onde comeza o debate.

Comparte esta noticia