TARXETAS IDENTIFICATIVAS AO COBRO
O Societario de cazadores Terra Chá ten a ben comunicar aos cazadores interesados que as tarxetas identificativas, valedeiras para a tempada 2025/2026, están dispostas a cobro dende o 31 de xullo, na Caixa Rural de Castro Ribeiras de Lea.
É importante recalcar, tra-lo acordo alcanzado coa Caixa Rural Galega no pasado 2024, que o horario escrupuloso de retirada das tarxetas será dende as 8:30h ata as 11:00h, co fin de facilitar o traballo ordinario á esta entidade bancaria.
Tra-los acordos asamblearios conqueridos, lembramos as cotas establecidas:
-Socio numerario: 100€ con carácter ordinario, sendo de 30€ para os menores de idade
-Socio protector: 350€, que da dereito a practicar caza menor e maiora os cazadores que o desexen e non sexan socios numerarios
-Socio caza maior: 150€, outorga a posibilidade de participar en tódalas batidas da tempada
E se estás interesado en formar parte desta sociedade como socio numerario, existe a posibilidade de logralo satisfacendo a cota de inscripción de 1200€, sen necesidade de vinculación previa, ou con cota de inscripción de 150€ se tes dita vinculación nos parámetros acordados en asamblea
Recordemos que a partir do 1 de agosto xa se poderá adestrar cos cans ceibos nas zonas adicadas a tal fin, con solta de 400 perdices feita nos pasados días, sempre e cando teñas retirada a túa tarxeta identificativa, a cal tamén che permitirá asistir ás soltas das 9600 perdices restantes nas zonas cazables do tecor
Para rematar, quixeramos recordar a apertura tamén a partir do 1 de agosto dos adestramentos con can atraelado sobre xabaril, en toda a superficie do tecor, sempre e cando se teña retirada a tarxeta identificativa e demáis documentación necesaria