
Orde de Vedas que rexirá a actividade cinexética para a vindeira tempada 2025/2026
Nesta xornada post-apagón, as autoridades competentes veñen de pubicar no Diario Oficial de Galicia a Orde de Vedas que rexirá a actividade cinexética para a vindeira tempada 2025/2026.
Como datas destacables podemos citar:
Comenzo das batidas do xabaril en Galicia o 16 de agosto, anque no noso Tecor, como cada ano, se oficializarán as datas elexidas na asamblea xeral.
Comenzo das batidas do corzo o 16 de agosto, e remate o 18 de Outubro, en función do que se decida no noso tecor.
19 de outubro o comezo da tempada xeral, que no Tecor Terra Chá tamén abrirá a tempada de caza menor.
Remate da tempada de caza de lebre o 30 de novembro.
6 de Xaneiro finaliza a tempada xeral de caza menor.
Ampliación da tempada hábil para a caza da arcea ata o 8 de febreiro.
Fin da tempada en Galicia das batidas de xabaril o 22 de febrero. No Tecor Terra Chá, pubicarase o remate, tra-la asamblea xeral de xuño.
Xa falta menos para voltar a disfrutar da nosa paixón, un mundo cinexético completo que nos agarda a partir de agosto, de novo, no Tecor Terra Chá.