O TERRA CHÁ, COS CAMPIONATOS DA FGC
O pasado 30 de agosto celebrouse a XXXV Copa Galicia Cans de Parada – Campionato Galego Xunta de Galicia 2025 no noso Tecor Terra Chá, unha proba máis da gran relación existente entre a nosa sociedade e a federación galega de caza, ente que representa aos cazadores galegos e defende os nosos dereitos ante administración e colectivos anticaza
Baixo a dirección de proba de D. Xosé Moure Caneda, secretario xeral da FGC, e a evaluación de dous xuíces de gran reputación no colectivo, a competición discurríu con bo tempo e innumerables mostras preciosas dos cans participantes. Precisamente foi xuíz un compañeiro do societario de cazadores Terra Chá, como é D. Jose Ángel Seco.
Nesta derradeira proba da Copa Galicia, o campión en Británicos foi o setter “Zafir de Piago” de René Vale García, membro do Societario de cazadores Terra Chá. O setter de nome “Roi de Vilar de Donas” tamén propiedade de René obtivo o segundo posto, o que lle serve para acadar o terceiro e cuarto postos na clasificación final galega de cans de parada. Noraboa René!!

Tamén alcanzou o pódium outro socio noso, Jaime Aneiros Leira con “Pull de Camp de Lira”, colleitando un grandioso segundo posto na clasificación final. Noraboa Jaime!!
En Continentais, unha braco alemán chamada “Iron” de Jaime Aneiros alcanzou o título de campión de Copa Galicia. Noraboa de novo Jaime!!

Tras proceder á entrega de premios por parte do noso vicepresidente en funcións D. Juan Antonio Pena Pillado, o presidente da FGC D. Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, e o representante da delegación provincial da Xunta de Galicia D. Óscar Viñas Penelas, director territorial da consellería de política social e igualdade en Lugo, e tra-los agradecementos a participantes, xuíces e organizadores da competición, clausurouse este novo campeonato galego cun maxestuoso xantar, que puxo fin ao día de conversas de caza e posturas de cans que puidemos disfrutar no noso Tecor Terra Chá
