O TERRA CHÁ, CO MONTE GALEGO
Estamos a vivir unha xeira terroríficada de incendios na nosa terra galega, onde van queimadas máis de 40.000 ha de monte, casas e arboreda. Ademáis, arde sen contemplación na comunidade veciña de Castela e León e en Portugal. A imaxe de ver arder os nosos montes provoca unha gran dor aos cazadores. Agardemos que a situación mellore, cheguen as choivas para axudar a controlar esta vaga e todo volva á normalidade.
O pasado xoves días 14 de agosto, a Xunta de Galicia a través dunha nota de prensa emitida pola dirección xeral de patrimonio natural, pedía a colaboración dos nosos compañeiros cazadores de Ourense para que evitaran as saídas ao monte, e así aprazar o inicio da tempada de caza, reducindo desta maneira a posibilidade de que alguén se quedara atrapado nun lume ou se producise un accidente que iniciara novos incendios. A partir do vindeiro luns, esto será de obrigado cumplimento ao publicarse no DOG, en principio tamén só limitado á provincia de Ourense
En reunión mantida entre os xefes de cuadrilla e o responsable de caza maior da xunta directiva do Societario de cazadores Terra Chá, Marcos González Losada, o pasado xoves 14 de agosto, acordouse suspender as batidas deste fin de semana e pospoñer o inicio da tempada de cacerías no noso tecor ata o vindeiro domingo 24 de agosto, en solidariedade cos nosos compañeiros ourensáns e como medida preventiva acorde ao solicitado pola Xunta de Galicia para a provincia de Ourense, e así reducir os riscos de incendio forestal na nosa ben querida comarca.
Dende o Societario de cazadores Terra Chá, queremos transmitir o noso humilde apoio á xente que está a sufrir esta vaga de incendios, e agradecer aos servicios de extinción a súa labor encomiable na loita contra o lume que está a asolagar o noroeste peninsular
ligazón da noticia