Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia O Societario de Cazadores Terra Chá, referente a nivel nacional: Dous campións en Burgos e Valladolid

O Societario de Cazadores Terra Chá, referente a nivel nacional: Dous campións en Burgos e Valladolid

O Societario de Cazadores Terra Chá segue a sumar éxitos e deixarnos motivos de orgullo. Esta fin de semana foi especialmente destacada grazas ao brillante papel dos nosos representantes en dúas importantes competicións de carácter estatal e internacional.

Por unha banda, na edición 2025 do Campionato de España de Cans de Mostra, organizado pola Real Federación Española de Caza e celebrado o pasado 11 de outubro en Burgos, o setter Zafir de Piago, propiedade do noso socio René Vale García, proclamouse Campión de España. Un logro excepcional que representa o máis alto nivel desta disciplina e que enche de orgullo ao noso Tecor.

René, acompañado polo tamén compañeiro noso de sociedade Jaime Aneiros Lea, levou o nome de Galicia e do Tecor Terra Chá ao máis alto do podio nacional. Parabéns para René e Zafir, unha parella que combina paixón, moitísima dedicación e talento, e que sen dúbida seguirá a dar moitas alegrías no futuro.

Por outra banda, na especialidade de Cetrería, tamén houbo pase a final galego en terras castelás. Durante o I Encontro Internacional Bioavian, celebrado en Nava del Rey (Valladolid), o noso compañeiro José Antonio Villaverde Bello, coñecido como “Alma” e delegado de cetrería do Societario, pasuo a  final na modalidade de baixo voo coa súa aguia de Harris “Frida”, unha mostra do alto nivel da cetrería galega e do gran traballo de adestramento que hai detrás.

Desde o Societario de Cazadores Terra Chá queremos trasladar os nosos parabéns aos campións e a todos os participantes que fan posible estes éxitos. Que sigan os logros e, sobre todo, que nunca falte a paixón pola caza, o respecto pola natureza e o compromiso co deporte cinexético!

Comparte esta noticia