Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia NOVO PRESIDENTE NO SOCIETARIO DE CAZADORES TERRA CHÁ!!!!

NOVO PRESIDENTE NO SOCIETARIO DE CAZADORES TERRA CHÁ!!!!

Vén de rematar o proceso electoral no que estaba inmerso o Societario de Cazadores Terra Chá. Tras a finalización do período de impugnacións á única candidatura presentada en tempo e forma perante a xunta electoral, e ao non recibirse ningunha, resolveuse a proclamación da candidatura encabezada por D. Adrián Rodríguez Morán como nova xunta directiva da sociedade.

Trátase dunha candidatura de carácter continuista, xa que repiten como membros directivos ata 6 persoas da anterior xunta. Todos repiten cargo salvo o presidente saínte, D. Jaime González Penelas, que pasa a ser vicesecretario, e o xa mencionado D. Adrián Rodríguez Morán, que deixa o seu posto de vogal responsable de socios para exercer a presidencia da sociedade.

Nova Xunta Directiva

A nova Xunta Directiva queda por conseguinte así conformada:

CARGOMEMBROFUNCIÓN PRINCIPAL
PRESIDENTEDON ADRIÁN RODRÍGUEZ MORÁNExercerá a presidencia e continuará a súa labor imprescindible de atención ao socio, actividade fundamental para o bo discorrer desta sociedade de caza.
VICEPRESIDENTE 1ºDON JUAN ANTONIO PENA PILLADOContinúa sendo o responsable de caza menor, xestionando a maior partida orzamentaria investida pola sociedade cada ano, e supervisará a zona de caza permanente.
VICEPRESIDENTE 2ºDON ADRIÁN CENDÁN RODRÍGUEZAsumirá a responsabilidade da xestión da caza maior, coordinando as cacerías colectivas (xabaril, corzo e raposo), e servindo de conexión entre xunta directiva e xefes de cuadrilla.
SECRETARIADONA MAYRA ROJO REGUEIRAContinuará coa súa labor de control e supervisión dos procedementos abertos por sinistros na vía pública con animais de fauna salvaxe, e a súa execución monetaria por parte da compañía aseguradora.
VICESECRETARIODON JAIME GONZÁLEZ PENELASO presidente saínte continuará coas súas labores de preparación e execución documental, exercendo como representante no GDR e FGC da Terra Chá, xestionando as axudas públicas, supervisando as publicacións en web e RRSS, e manténdose como enlace coas distintas administracións.
TESOUREIRODON LUIS VÁZQUEZ  SANDEExercerá como tesoureiro da sociedade, achegando como valor engadido o seu coñecemento das xestións coa administración autonómica e a súa formación medioambiental.
VOGALDON JESÚS PAZ PENELASCentrarase case en exclusiva na execución do censo de paspallás no tecor, co obxectivo claro e firme da consecución da aprobación da caza en media veda desta especie nun futuro inmediato.
VOGALDON FCO. JAVIER VEIGA PAREDESSerá o responsable da execución dos distintos plans de colaboración cos organismos oficiais (como a recollida de mostras de sangue), e colaborará con D. Jesús Paz na recompilación de datos de censo de paspallás.
VOGALDON JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ RODRÍGUEZContinúa sendo o responsable da xestión da caza de corzo en axexo, piar imprescindible para o cadro orzamentario da sociedade e reclamo para cazadores de toda a península ibérica.


Outras Incorporacións

Como delegado de cetrería do Societario de Cazadores Terra Chá incorpórase José Antonio Villaverde Bello, máis coñecido como “Alma”. El será o responsable da xestión das soltas e uso da zona de cetrería do Tecor. Ademais, continuará dando soporte informático á sociedade. Mención especial merece a recente creación da nova web da sociedade, de forma totalmente altruista pola súa parte.

Durante un período suposto de 4 anos, como máximo, ata o seguinte proceso electoral, esta xunta directiva está xa a traballar para a consecución dos obxectivos marcados pola mesma, que de seguro traerá, finalmente, numerosos lances e divertimento para tódolos membros cazadores desta sociedade.


Comparte esta noticia