NOVO CAMPIÓN DE ESPAÑA NO SOCIETARIO DE CAZADORES TERRA CHÁ
Estamos de noraboa no Societario de cazadores Terra Chá! Na pasada edición do campionato de España de CompakSporting categoría adaptados, organizado pola Real Federación Española de Caza e celebrado do 1 ao 3 de agosto no campo de tiro Vilaregut (Oristá, Barcelona), tivemos representando a Galicia e aoTecor Terra Chá ao noso compañeiro de caza Artemio Formoso Barro, recente campión galego da modalidade.
Habitual destas competicións e asiduo dos pódium, nesta ocasión non foi menos e conseguiu facerse co primeiro posto, logrando así engrosar o seu dilatado currículum nesta competición. Noraboa campión!!
Pero non queda aindaaí a cousa, xa que o pasado mes de xullo, os días 4, 5 e 6, celebrouse ocampionato de España de Percorridosde caza, na finca El Toril de Mérida (Extremadura), organizado taménpola RFEC, e o afanado tirador de As Pontes de García Rodríguez logrou meterse no pódium, acadando un meritorio segundo posto final.

Tamén vén de celebrarse o pasado 20 de xulloo XXV Campionato Galego de CompakSporting "Xunta de Galicia", nas instalación do campo de tiro Rio Sar e coa organización da federación galega de caza. Como non, alí tivemos representantes da nosa sociedade, colleitando varios pódium, coma o xa citado Artemio Formoso, campión galego da súa categoría. Pero tamén logrou un meritorio segundo posto o noso compañeiro Eliseo Faraldo Fernández, na categoría veteranos, nunha disputada final que provocou o deleite dos asistentes
E, para rematar este resumo de éxitos deportivos recentes, o pasado 9 de agosto tiña lugar o XXXVII Campionato Galego de Caza San Huberto “Xunta de Galicia”, organizado pola Federación Galega de Caza e coa colaboración da asociación deportiva de caza e pesca Cedeira-Cerdido e a agrupación de cazadores de Ortegal.
Numerosa presenza de competidores clasificados para representar o Societario de cazadores Terra Chá, como é habitual, deparou éxitos para os nosos, destacando o bronce colleitado pola nosa compañeira Nicolasa González Carro de guas, en categoría donas, coseu can Trom, e que a leva a competir coa selección galega da modalidade no vindeiro campionato de España que se disputará o derradeiro fin de semana de setembro en Zaragoza.
Parabéns a tódolos nosos competidores e a seguir disfrutando do deporte da caza!!