Nova axuda da secretaría xeral para o deporte
📢 Concesión de axuda para equipamento cardioprotector ao Societario de Cazadores Terra Chá
O Societario de Cazadores Terra Chá foi beneficiario dunha axuda concedida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, segundo resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), por un importe de 1.015,43 €. Esta subvención está enmarcada na liña de axudas PR949A, destinada á adquisición de equipamento deportivo por parte de clubes, sociedades anónimas deportivas e federacións.
O importe concedido será destinado á adquisición dun desfibrilador semiautomático, co obxectivo de reforzar as medidas de seguridade e protección da saúde cardiovascular nas actividades organizadas pola entidade. Este equipamento permitirá garantir unha resposta eficaz ante posibles emerxencias cardíacas durante competicións, adestramentos, xuntanzas, asembleas e demais eventos sociais e deportivos promovidos polo Societario.
Desde a entidade, valoramos moi positivamente esta iniciativa institucional que contribúe á mellora das condicións de práctica deportiva e ao benestar dos nosos socios e participantes.