MÁIS PERDICES PARA O TECOR TERRA CHÁ
Continúan as soltas nas zonas cazables do Tecor Terra Chá!!
Tra-lo éxito da repoboación da fin de semana pasada, no concello de Cospeito, continuamos esta co concello de Castro de Rei. Perdices con voo sostido, fortes e coa vitalidade habitual de Agrocinexética Molleda, agardamos que a seguinte entrega manteña o estándar de calidade esixido ao noso proveedor.
Dende estas liñas queremos enviar toda a nosa forza e apoio a agorcinexética Molleda, situada parte dela en Castrocontrigo, e aos seus veciños, xa que a localidade está moi preto do gran lume que está a golpear fortemente as provincias de León e Zamora, superando xa as 38000 ha queimadas:
MOITO ÁNIMO DENDE A TERRA CHÁ!!
A pesar dos contratempos, contan cumplir coa seguinte entrega, que se repartirá da seguinte maneira:
- Sábado día 16 agosto as 8 da mañá en Muimenta (Moexmu)
Outeiro
Pacios
Bazar
Prevesos
Ramil
Azúmara
Castro de Rei
Santa locaia
Quintela-Coea
-Domingo día 17 de agosto as 8 da mañá en Muimenta (Moexmu)
Viladonga
Ansemar
Ludrio
Mondriz
Loentia
Bendia
Ribeira de Lea-Castrillón
San Julián
Triabá
Por suposto, coma sempre, todos aqueles socios que queiran acompañarnos nas soltas poderán facelo libremente, para comprobar a cantidade e calidade das perdices recibidas neste envío, que esperemos que nos depare agradables xornadas de caza