Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia INICIO DE TEMPADA PASADO POR AUGA

INICIO DE TEMPADA PASADO POR AUGA

O 19 de outubro de 2025 marcou o inicio dunha nova tempada cinexética no tocante á caza menor en Galicia. Como é habitual, os membros do Societario de Cazadores Terra Chá saíron ao monte de xeito masivo para "matar o gusanillo" e gozar dunha agradable xornada de caza, xunto cos amigos e cans de mostra ou de rastro.

O día comezou con moito vento, o que favoreceu os innumerables lances coas párduas (parrulos) que se deron no noso Tecor Terra Chá. Múltiples capturas e caixas de cartuchos gastadas resumen a mañá "pateira" para os nosos socios.

Mentre salgúns buscaban lances en charqueiras e regatos, outros centraban a súa atención nas perdices, a especie cinexética por excelencia neste tecor. Tra-lo esforzo económico realizado pola Sociedade de Cazadores Terra Chá, que destinou preto de 100.000€ á repoboación con 10.000 perdices, o éxito estaba garantido...

E non defraudou! Innumerables levantamentos e lances vividos polos nosos compañeiros cazadores, con maiorou menor éxito na captura, agasalláronnos con múltiples proezas que contar e cun futuro prometedor de goce nesta tempada que acaba de comezar. Lástima da choiva, convidada de pedra que nos acompañou dende media mañá e dificultou a xornada.

Porén, a perdiz e os parrulos non foron os únicos obxectivos. Abundantes lances cos pombos, favorecidos polo comentado vento, fixeron gastar máis dun cartucho. Outras especies coma a lebre, cuxa caza se viumoi dificultada pola seca e o vento (que entorpecían moitísimo o rastro), tamén fixeron gastar algúns disparos. O raposo tamén nos fixo gozar dos nosos cans, escapando dunha mata a outra ata lograr despistar a cazadores e perseguidores caninos.

Tamén os cetreiros tiveron unha xornada chea de lances, e anque o vento e a choiva non lles favoreceu, algunha que outra captura provocou o destes dos nosos compañeiros cazadores.

E unha convidada especial apareceu tamén na primeira xornada da tempada 2025/2026: a arcea. Varias capturas e avistamentos repartíronse pola amplitude do tecor, o que nos indica unha entrada temperá desta viaxeira siberiana, que anticipou a súa chegada, máis habitual nos meses de inverno, escapando dos fríos extremos do norte e centro de Europa.

Cazadores e cans quedamos con ganas de máis, pero tranquilos: axiña volve outra xornada cinexética que nos fará, de seguro, gozar dunha nova aventura no Tecor Terra Chá.

Comparte esta noticia