Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia FIN DE SEMANA INTENSO NO TECOR TERRA CHÁ: CAZA, DEPORTE E PATRIMONIO CINEXÉTICO

FIN DE SEMANA INTENSO NO TECOR TERRA CHÁ: CAZA, DEPORTE E PATRIMONIO CINEXÉTICO

O Tecor Terra Chá prepárase para acoller unha fin de semana de gran actividade cinexética e deportiva, que combinará a caza social e dúas importantes competicións a nivel galego e provincial.

DOMINGO: XORNADA DE CAZA ORDINARIA

A xornada do sábado estará dedicada ás batidas de xabaril e a dominical á caza de perdices e outras especies de caza menor, enmarcadas na actividade habitual do Tecor.

SÁBADO: O MELLOR CAN PROVINCIAL

O sábado, a atención centrarase no Campionato Provincial de Caza Menor con Can de Lugo, organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo (FGC).

Esta edición terá lugar na mancha de Pino, cedida xenerosamente para o evento pola cuadrilla local Os Rápidos de Balmonte, liderada por D. Juan José Fernández Rodríguez. A competición comezará cedo, coa entrega de dorsais aos participantes a partir das 8:00 horas.

A proba, ademais de ofrecer unha xornada de deporte aos cazadores, ten un impacto positivo na xestión do Tecor: os ingresos obtidos e a solta de perdices (aproximadamente o dobre das abatidas) garanten a reposición da especie, minimizando o impacto nos recursos cinexéticos e beneficiando a todos os socios do Terra Chá. Desexamos moita sorte aos participantes.

Desexamos a maior das sortes a tódolos participantes, e non queremos esquecer a invitación a asistir a todos aqueles que desexen ver un espectáculo cinexético de máximo nivel, coma o que viviremos na Terra Chá este fin de semana. Agardámoste!!

Comparte esta noticia