Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia FIN DE SEMANA COMPLETO: CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA XUNTA DE GALICIA

FIN DE SEMANA COMPLETO: CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA XUNTA DE GALICIA

Durante todo o sábado e o domingo, o Tecor Terra Chá converterase tamén no epicentro da cetrería galega coa celebración do Campionato Galego de Cetrería "Xunta de Galicia".

Esta cita, organizada pola FGC e a Sociedade Galega de Cetrería, arranca o sábado ás 9:00 horas. Os asistentes terán a oportunidade de presenciar as modalidades máis espectaculares, como as competicións de aves de altanería, onde os adestradores e as súas rapaces demostrarán a súa habilidade e a súa perfecta coordinación.

O campión desenvolverase nos campos de voo de O'Arneiro (Cospeito), un enclave coas condicións idóneas para esta práctica.

O Tecor Terra Chá destaca polo seu apoio a esta disciplina: a sociedade de cazadores cedeu 300 hectáreas de terreo en exclusiva para a cetrería, sendo o único tecor que outorga este privilexio a unha práctica declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, e que experimenta un auxe notable no panorama cinexético.

Desexamos a maior das sortes a tódolos participantes, e non queremos esquecer a invitación a asistir a todos aqueles que desexen ver un espectáculo cinexético de máximo nivel, coma o que viviremos na Terra Chá este fin de semana. Agardámoste!!

Comparte esta noticia