Éxito rotundo na XXXVI Copa FGC Lugo de Cans de Parada no Tecor Terra Chá
O pasado sábado 7 de marzo celebrouse no noso Tecor Terra Chá unha das citas máis destacadas do calendario cinexético provincial: a XXXVI Copa FGC Lugo de Cans de Parada “Xunta de Galicia”, competición puntuable para a Copa Galicia e organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo, coa colaboración do noso Tecor. Nesta ocasión a concentración tivo lugar ás 08:00 h no Asador O Cabuxo, en Muimenta, antes do inicio da proba ás 9:00 h nos terreos designados pola organización.
A xornada desenvolveuse na zona de cetrería de O Arneiro (Cospeito), onde os terreos presentaban unhas condicións inmellorables para a práctica desta modalidade de caza sen morte, celebrada sobre perdiz sementada tal e como establece o regulamento da FGC
Un día perfecto para a competición
O tempo acompañou durante toda a mañá, coa choiva respectando a proba e permitindo que os 22 cans participantes puidesen amosar o seu mellor nivel. A competición transcorreu sen incidencias, cun excelente comportamento dos cans e un ambiente de deportividade exemplar entre participantes, xuíces e público.
Clasificación final
Razas Británicas
1. “Roi de Vilar de Donas” – Setter inglés macho Propietario: René Vale García 1º Excelente
2. “Zafir de Piago” – Setter inglés macho Propietario: René Vale García 2º Excelente
3. “Fellidium Ralf” – Setter inglés macho Propietario: José María Carnota Ríos 3º Moi Bo
4. “Pull de Camp de Lliria” – Pointer macho Propietario: Jaime Aneiros Leira

Razas Continentais
“Iron de Marcofa” – Braco alemán Propietario: Jaime Aneiros Leira

Agradecementos
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento:
Aos xuíces designados pola Federación Galega de Caza polo seu rigor e profesionalidade.
A todos os participantes, dos cales a maioría son socios da nosa sociedade de caza, polo seu comportamento exemplar e pola súa contribución a unha xornada tan agradable.
Á Federación Galega de Caza, que unha vez máis confiou no noso Tecor para acoller unha proba oficial deste nivel.
Ao Comité Organizador, encabezado por D. Francisco López Penela, D. José Manuel Vidal Lamela e D. José Moure Caneda
Clausura e entrega de premios
A xornada rematou no Asador O Cabuxo, onde desfrutamos dun estupendo xantar e dunha sobremesa chea de boa conversa e compañeirismo. Durante a entrega de premios, diversas autoridades federativas acompañaron ao noso presidente, Adrián Rodríguez Morán, quen agradeceu á FGC a súa confianza continuada e felicitou a todos os participantes polo seu excelente nivel.