ESTUDIO DE DENSIDADE DE XABARIL NO TECOR TERRA CHÁ
En recentes datas ven de recibirse o informe de resultados do proxecto FAUNET, para a estimación de densidade poboacional do xabaril no noso tecor, cos datos recollidos en outono de 2024.
Este proxecto está financiado polo ministerio de Transición Ecolóxica (MITECO), e coordinado no seu plan de investigación polos doutores docentro de investigación do CSIC, na súa ala do instituto de recursos cinexéticos (IREC): Joaquín Vicente Baños, Pelayo Acevedo Lavandera y Jesús Barba Romero. Conta coa colaboración da universidade de Castilla La Mancha para o análise dos datos recollidos, e personal técnico para dita recollida, ademáis da colaboración da Xunta de Galicia (coa comunicación de capturas efectudas( e a xunta directiva do Societario de cazadores Terra Chá (colocación de cámaras de fototrampeo, ubicación de capturas realizadas en acción de caza e data de ditas capturas).
Da totalidade das cámaras analizadas extraéronse datos das poboacións de xabaril que permitiron calcular a densidade poboacional usando o método de encontro aleatorio (REM). Basicamente, o protocolo consiste no uso de mallas regulares de fototrampeo coas que se muestrean puntos aleatorios de cada poboación e garántese a representatividade da mostraxe para a mesma. As cámaras configuráronse para que en cada activación disparasen refachos de 8 fotos, co mínimo retardo entre activacións (tempos inferiores ao segundo) e para que estivesen activas as 24 h do día. O REM require recompilar información para determinar a velocidade de movemento (rango diario de movemento media) do xabaril e permite estimar a densidade de poboación sen a necesidade de utilizar ningún método de identificación dos individuos. Para iso este método baséase en varios datos, como o número de encontros rexistrados polas cámaras, o esforzo de mostraxe (días x cámara), e a estimación da distancia diaria percorrida por cada especie (xabaril neste caso) expresada como quilómetros por día.
Así, presentamos aquí os datos das poboacións muestreadas, facendo fincapé naquelas poboacións dependentes da nosa xestión. Os parámetros obtidosco procesado e usados para o cálculo da densidade de xabaril no Tecor Terra Chá preséntanse na táboa posterior.

Parámetros obtidos para o cálculo da densidade de xabaril Tecor Terra Chá.
i (ind): número de individuos detectados polas cámaras, t (días) esforzo de mostraxe calculada como o número de días totais (días/cámara), rango diario (km/día) valor medio do movemento diario dos individuos, radio (m) e ángulo (rad) distancia e ángulo medios aos que se detectan os individuos e densidade (ind/km2).
Na seguinte figura preséntase un mapa coa distribución das cámaras instaladas, e representouse o número de contactos de xabaril detectados por cada cámara. Desta maneira pódese ver a distribución dos contactos da especie na malla de fototrampeo.

Ademais, do cálculo dos valores de densidade de xabari lidentificáronse o resto de especies detectadas polas cámaras. Así desta maneira puidéronse extraer datos de ausencia e presenza doutros mamíferos para cada poboación
Na seguint etáboa sinálase o número de cámaras coa presenza de cada especie dentro de cada poboación, e inclúese o número de cámaras analizadas para cuantificar o esforzo de mostraxe. Resáltanse as especies e o número de cámaras que detectaron a cada especie

Na derradeira táboa, mostrase a proporción de cámaras de fototrampeo (CTs) coa presenza de cada especie na área muestreada.

Dende o societario de cazadores Terra Chá, mantémonos a disposición dos órganos competentes para continuar a recabar datos para os estudios necesarios que manteñan o actual status da caza en Galicia. Somos conscientes de que a época de autorizar ourexeitar cacerías por “capricho” ou “favor” de ninguén rematou, e toda aquela actuación cinexética que se leve a cabo ten que estar avalada por datos e informes científicos elaborados por personal competente e formado para o caso.
Compañeiros cazadores, sen datos, a nosa paixón cinexética ten as horas contadas, precisamos da colaboración de todos para recabar tódolos muestreos posibles, no programa que sexa, ben participando en iniciativas coma o proxecto Coturnixo uIber conejo, propostos pola fundación Artemisan e a RFEC, ben precintando as pezas de caza maior debidamente, ou simplemente comunicando á propia xunta directiva do tecor calquera enfermidade que se atopenas capturas realizadas. A cuestión é sumar!