E MÁIS PERDICES PARA O TECOR TERRA CHÁ!!
Chega o último envío de perdices ao Tecor Terra Chá!!
Tras 5 xornadas de soltas de perdices, nas zonas de adestramento e vedados de caza, nas zonas cazablesdo concello de Cospeito e do concello de Castro de Rei, procedemos ás soltas no concello de A Pastoriza.
Derradeiro envío de Agrocinexética Molleda por este ano, para completar as 10.000 perdices previstas para a tempada cinexética 2025/2026, que esperamos manteña o estándar de calidade esixido ao noso habitual proveedor
Recordamos que comezarán os adestramentos nas superficies cazables do tecor o vindeiro xoves 4 de setembro, coas perdices xa adaptadas ao entorno. Cans e cazadores desexando saír ao monte, e así comprobar a calidade dos voos das perdices, e a calidade de paradas e mostras dos nosos áxiles compañeiros de cacería
Se non hai contratempos, as soltas deste fin de semana repartiranse da seguinte maneira:
-Venres día 22 de agosto ás 8 da mañá na gasolinera de A Pastoriza
Pousada
Crecente
Baltar
Fonmiñá
San Cosme
Aguarda
Gueimonde
Álvare
A Pastoriza-A Revolta
- Sábado día 23 de agosto ás 8 da mañá na gasolinera de A Pastoriza:
Bretoña
Saldanxe
Xemil
Reigosa-Portela
Rigueira
Corbelle
Úbeda
Vián
Loboso
Lagoa
Cadavedo
Por suposto, coma sempre, todos aqueles socios que queiran acompañarnos nas soltas poderán facelo libremente.
Dende a xunta directiva do Societario de cazadores Terra Chá, queremos agradecer a inestimable colaboración de tódos aqueles socios que nos axudaron na solta de perdices, aportando altruístamente os seus coches e carritos para o transporte ata as ubicacións de solta, sen os cales nos resultaría moi complexo cumplir o obxetivo de 10000 perdices máis no Tecor Terra Chá.
Boa caza a todos!!