COTURNIX CHALLENGE NO TECOR TERRA CHÁ
O pasado día 23 de agosto, sábado, tivo lugar a celebración do Coturnix Challenge en España, un novo reto proposto polo Proxecto Coturnix da fundación Artemisan e a RFEC para todos os cazadores e amantes das paspallás. Realizouse un censo simultáneo en todo o país, iniciativa inédita ata o de agora. Esta información permitirá, xunto con outros parámetros e ao longo do tempo, estimar a poboación de paspallás en España, un requisito esixido pola Unión Europea para continuar podendo cazalos.
Coa inestimable colaboración de varios compañeiros cazadores da nosa sociedade, o Societario de cazadores Terra Chá participou neste desafío. Encabezados polo directivo da sociedade Jesús Paz Penelas, e baixo as directrices establecidas no Coturnix Challenge, ás 07:30h da mañá arrancou cada cazador cos seus cans a percorrer o perímetro establecido, durante 3 horas, dentro da rede de puntos de control que se estableceron para o estudio da viabilidade da media veda no Tecor Terra Chá. Gracias polo voso traballo compañeiros!!
Calor, cans nerviosos e cazadores desarmados foi o espectro de imaxe vivido nos 10 puntos de control, repartidos dende Xustás ata O Arneiro, con abundantes avistamentos feitos, para un total de 122 paspallás.
O censos feitos ata o momento deron un resultado moi satisfactorio, facéndonos sentir optimistas ante a posible aprobación da media veda para a nosa comarca, o que suporía un importante empuxe económico e social, non só para o societario de cazadores Terra Chá, senón para toda a comarca chairega, polo movemento turístico cinexético que suporía.
Unha vez finalizado tanto o Coturnix Challenge coma o censo do paspallás no tecor, enviáronse os resultados tanto á federación galega de caza coma á fundación Artemisan, para o seu análise e valoración antes de presentar conclusións ante a Consellería de medio ambiente e cambio climático da Xunta de Galicia, quen dictaminará a aprobación da caza en media veda do paspallás e o pombo na Terra Chá