Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia COÑECENDO O TERRA CHÁ!

COÑECENDO O TERRA CHÁ!

Entrevista con Adrián Rodríguez Morán, presidente primeiro da Sociedade de Cazadores Terra Chá

D. Adrián Rodríguez Morán é o presidente primeiro da Sociedade de Cazadores Terra Chá. Releva no posto ao actual vicesecretario Jaime González Penelas, e suma unha traxectoria de oito anos como vogal responsable da atención ao socio. Orador directo ao gran e xinete no tempo libre, cóntanos a súa traxectoria no mundo da caza e no Tecor Terra Chá.


A PAIXÓN POLA CAZA

Amigo Adrián, cóntanos de onde che ven a túa paixón pola caza e como foi evolucionando cos anos.

Eu empecei a cazar con meu avó, á caza menor, ata que lle puxeran un marcapasos e collera moito medo, deixando incluso de cazar. Logo empecei con meu amigo Jose da Benilde e Manolo Lacenas, veciños meus de Xustás, capturas a tope buah!! (risas). Eramos francotiradores, jajja! Co paso do tempo fun deixando a caza menor de lado, e pasei ao xabaril, que foi o peor que puiden facer, todo son problemas. Agora abandonei o tema dos cans, vou só á postura que me gusta moito, máis dous domingos ao ano que vou á caza menor.

Fuches evolucionando dunha caza á outra: foi pola paixón polos cans ou por vivir máis lances en primeira persoa?

A min gústame moito dar gatillo. Teño ido moito ao corzo co Jose, cando nos xuntábamos en Rubiños na casa do xefe de cuadrilla, Pepe de Rosende, e logo íamos xantar ao Beira Miño, para volver cazar pola tarde outro pouco. Unha vez deixáranos Pepe facer unha falcatruada, que non cazábamos un en todo o ano, algún compoñente pedíalle que se enrollara que xa estábamos aburridos de non cazar nunca nada (risas). Fora un día espectacular, moi ben o pasáramos, son historias de cando eramos nenos prácticamente, o mundo da caza era moi distinto.

Cando me pasei ao xabaril, ninguén tiña casi cans de bo nivel para cazar, pero a min andar de corda non me apasiona nada. Ao final deixeino, a suerte tampouco acompañaba, era un día na clínica e outro tamén, cos cans lesionados polos lances co xabaril, acábate aburrindo. Cheguei á conclusión de que os cans me daban máis dores de cabeza que alegrías, e a min a postura gústame moito. Tamén é certo que hai moitos cans na cuadrilla e entón non vía necesario ter que pasar traballos con eles. Cazo nesta cuadrilla dende que son neno, e cazarei nela ata que se extinga.


PERDIZ, XABARIL E PARRULO

Dende o punto de vista de cazador, non de directivo, que che parecen as perdices estes anos?

Eu non controlo moito das perdices, máis alá do prezo (risas). É falar por non estar calado, pero polo que di a gran maioría da xente que considero cazadores de perdiz, CAZADORES en maiúsculas, non depredadores, esto é cazar perdiz de verdade, para lograr disparar correctamente hai que facerlles 3 ou 4 levantes. Logo tamén está a versión dos que son cazadores doutra maneira e prefiren ver máis perdices polas pistas, é certo que así pasan menos traballos e gastan menos bota, así é moito máis fácil. Entendo tamén a esa xente, desa maneira chegar á casa con 3 ou 4 perdices é máis sinxelo, pero non considero que esa sexa a caza real.

E a campaña do xabaril? Que che pareceu? Que perspectivas tes?

As últimas dúas tempadas foron tremendas, buenísimas, as mellores que eu recordo. É certo que houbo tempadas moi boas que se cazou moito, incluso houbo que poñer cupo xa que iba moito a menos, pero agora estamos nun punto no que temos o xusto para divertirnos, e no que o gandeiro non nos come, o cal é normal, viven das terras que nós cazamos. Temos que ser conscientes que nós cazamos xabaril polo gusto do gatillo e os cans, ten que haber un control, máis densidade aquí xa sería pasarse, desde o meu punto de vista.

Ti es moi afeccionado á caza do parrulo. Que ten de especial?

Capturar 2 ou 3 nunha espera diante dun amigo é moi gratificante (risas)!!! A min resúltame un tiro sinxelo, ou é que a min se me dá ben. Esa adrenalina cando che ven un parrulo voando, e ti estás agochado esperando… non vou dicir que é un tiro coma o do xabaril, pero a pel ourízacha igualmente, é un tiro moi bonito. Ademais aquí temos unha densidade de parrulos descomunal, eso asegura moitos lances na tempada e sempre gusta.


A VIDA NA DIRECTIVA

Indo ao plano corporativo: que te levou a iniciar a túa andadura con Jaime González de presidente?

Eso foi unha encerrona que nunca na vida lle perdonarei (risas). Acórdome tal cual, cando andaba o conto de que Jaime ía ser presidente e el non quería de ninguna maneira. Ata que chegou o último día e me chamou, chameille burro corenta veces e logo ¿qué lle ía dicir?, por suposto que lle ía axudar. Tampouco me puxo a pistola no peito, todo hai que decilo.

Cales foron as túas tarefas con Jaime? Que recordos che quedan desa época?

Fun o responsable de atención ao socio. Cando comecei pasei traballos, pensei que ía ser moito máis fácil. Exercín un cargo que non é sencillo, require falar con moitísima xente ao longo do ano. Cando o meu antecesor, Lito, me deu o libro de socios e vin que fixera 15 ou 20 socios en 4 anos, pensei para min: “estou ben, o darei feitu”. Logo no primeiro ano resultou que triplicamos as altas dos 4 anos anteriores xuntos. Este Tecor entrou noutra dimensión, cambiamos de nivel.

Dicían que fuches das primeiras persoas ás que Jaime acudiu. Amizade ou golpe baixo?

Unha ostia criminal (risas). É por amizade, somos íntimos amigos, temos as mesmas ideas e imos polo mesmo camiño máis ou menos, confiamos un no outro e entón é fácil. Somos moi amigos dende nenos, ¿cómo non ía ir con el? É imposible que non fose.

Que te levou a presentar candidatura á presidencia?

Non é como empezar de cero, eu xa estaba metido e sabía máis ou menos por onde ían os tiros. Só puxen unha condición, que seguira Jaime na directiva, e el aceptou. Seguiu Toño, seguiu Juanjo, Jesús… máis ou menos os que estábamos, non é como empezar totalmente de cero que non sabes como vai responder a xente que entra. Tal e como tiñamos todo encamiñado, ¿qué máis da? Colles un cargo máis importante e para diante. De todas formas, facíalle moi ben a todo socio pasar por unha xunta directiva, para ver dende dentro os traballos que se pasan e saber o que é estar aquí. Habían criticar menos e arrimar máis o hombro.


O BALANCE DE 8 ANOS

Con que te quedas destes 8 anos, tanto no haber como no debe?

No positivo, que concin xente moi boa gracias a estar na directiva. Creo que fixen moitos amigos que nunca houbera coñecido sen estar metido. Da mesma maneira, tamén fixen grandes enemigos, que é a parte negativa. Facelo ben nesta posición para todos é imposible, e non só ben, senón ao gusto de todos. Entón hai que quedarse con facelo o mellor posible pa maioría.

Que diferencias notas de presidente a cando eras vogal?

Moito pouca a verdade. Eu xa trataba moito cos socios, cada día. Tal vez aguantar máis a xente enfadada, que tamén a hai, anque xa o facía algo. Non é o mesmo, está claro, o vogal se non está un día non pasa nada, pero o presidente ten que estar sempre. Certo é que eu non son coma Jaime, non fago tanto caso a situacións superficiais, hai que centrarse no importante. Cando comecei pasei moitos traballos ensinando o coto, levando tarxetas a socios á casa ou locales… Eso non é operativo, o socio ten que adaptarse, somos moitos.


OBXECTIVOS E VISIÓN DE FUTURO

Cal é o teu obxectivo para os 4 anos e as túas liñas mestras?

O obxetivo é que pasen rápido para poder marchar (risas)!! As liñas están moi claras: ausencia de cupo de xabaril, cazar os xoves a perdiz e alcanzar a aprobación da media veda do paspallás e pombo, que sería un avance tremendo para o tecor tanto económicamente como no disfrute dos socios. Cabe recordar que o máis cercano que teñen agora é Xinzo de Limia, e telo aquí por catro duros é un privilexio.

Por que é tan valorado o Tecor Terra Chá?

Ter caza. Así de directo e simple. Aquí temos caza e os números dan, que están aí que se poden ver. Ter todo é difícil, pero aquí lógrase.

Ás veces tamén se morre de éxito: que fundamento teñen as críticas internas?

Unha cousa é a crítica constructiva, que podes estar dacordo ou non. Eu teño bos amigos que não pensan coma min e non pasa absolutamente nada. Outra cousa é andar criticando e falando polos bares con cousas sen sentido e medias verdades. Eu teño unha cousa moi clara: se perdo amigos pola caza ou por estar na xunta directiva, xa non era amigo meu, así de claro.

Penalizoute persoalmente xa ser presidente?

Home, desde logo que si. Se fixese coma os demáis e me dedicara a retirar a tarxeta no mes de agosto e cazar toda a tempada, se había xabaril cazaba máis e senón menos, se había perdiz o mesmo, sempre había estar ben, non ía ter problemas. Desa maneira, téñoos. Pero non pasa nada, afróntoos perfectamente. Sacoume máis o sono ao principio, que quería facelo ben e quedar ben coa xente, agora xa non me fai perder 5 minutos de pensamento.

Que é o que máis che preocupa de cara ao futuro da sociedade?

Atopar unha xunta directiva que nos releve, o resto está todo encamiñado. Atopar unha xunta que queira traballar nesta liña e seguir, creo eu, xestionando e levando esto tal como vai, porque xa se viviron aquí anos atrás que foron un pouco crueles, non quero ver o tecor así de novo. Atopar unha xunta directiva é moi fácil, pero atopar unha que traballe pensando no ben de todos e non só no ben propio, xa é máis complicado.


MEDIA VEDA DO PASPALLÁS

Como ves o avance cara á súa aprobación? Cal é a folla de ruta?

Temos que poñernos a traballar da man coa administración, para aprobalo o antes posible. Cuns censos inmellorables, se hai media veda en Xinzo, ¿por qué non a vai haber aquí? Pero para eso necesitamos tamén a man dos políticos, que aposten por ela e lograr darlle un valor engadido á caza co turismo cinexético que xera.

Que importancia tería para a comarca? E para o tecor?

Sería un avance tremendo para a comarca, a xente ten que dormir e comer en algún lado, lograríamos encher os locais hosteleiros durante todo o mes de agosto ou o tempo que se aprobe, serían centos de miles de euros que entrarían a circular na economía da Terra Chá. Moitos non veñen só cazar, traen as familias e farían turismo nos nosos concellos gracias á media veda. Esa xente só veñen se hai media veda, senón a maioría non saben nin onde é Cospeito ou Pastoriza. As nosas previsións económicas para o tecor suporían un aumento do 50% no presuposto, ingresando tanto como de cuotas de socios. O salto sería tremendo, abriría portas a inversións impensables fai nada. Esto compensaría a falta de socios futura tamén, e xeraría a oportunidade de que algún se animara a sumarse a nós. Ademais, é un sinsentido que se cace no resto de España, facéndolle un aproveitamento que nós aquí deixamos escapar, e logo crucen na migración para África e as capturen con redes a miles. Para eso aproveitámolas nós, de forma sostible e seguindo as regras que nos marque a administración.


A PERDIZ DOS XOVES

Recentemente houbo polémica coa caza da perdiz os xoves. Cal é a súa importancia?

Ese é un capítulo que xa está pechado, e máis vale, foi un capricho, non se lle pode chamar outra cousa. Prohibir á xente cazar e disfrutar mitade dos días de caza dunha especie que repoblas na cantidade que queiras, a min personalmente, non me parece normal. Eu son feliz xa non só como directivo, senón como cazador, vendo a un compañeiro poder cazar os xoves. Eu teño que traballar e non podo ir, pero algún día igual dentro de 20 anos podo ir, e daquela disfrutareino ao máximo. É un día máis que poderei saír a pasalo ben, e mentras a miña mente estará distraída neso e estarei fóra da casa, serei feliz. Vendéronse varias películas que non eran verdade, entre elas que había un clamor popular absoluto en contra dos xoves, cando logo na asamblea foi a votación e resultaron 3 votos contra 183. Algún dixo que foi gracias a que a outra proposta incrementaba a cuota 30€, pero se tanto clamor houbera, non creo que esa cantidade ao ano fose un problema. 3 votos, repito. A palabra clave era egoísmo, ao final o que querían eran perdices pa matar os domingos, decindo que os xoves se acababa con todo, pero a realidade é que o que quere facer mal vainas matar igual un martes ca un luns ou un xoves. De feito, diría que incluso cazando os xoves legalmente, máis cazadores hai no monte e máis vixilado está todo. Ademais a perdiz podemos soltala nós, podemos xestionala casi como queiramos. Hoxe mesmo soltamos 10.000 perdices, pero igual se aproban a media veda po ano podemos soltar 12.000, non o sei, ou igual hai que baixar a 9.000 se caemos en socios, pero non vai ser o caso, este tecor non vai ir abaixo intúo.


DISPOÑER O CARGO

Puxeches o cargo a disposición dos socios durante un mes. Houbo candidatura alternativa? Por que o fixeches?

Non, por desgracia non. Houbo rumores que andaban buscando xente para compoñer unha xunta directiva, pero é máis fácil falalo ca despois dar o paso adiante. Fíxeno porque eu non estou disposto a poñer en risco unha partida presupostaria de ingresos tan importante, case un 40%. ¿Alguén na súa casa ou na súa empresa estaría disposto a arriscar o 40% dos seus ingresos por capricho? Eu creo que a resposta é clara. Ademais eu non estou disposto a prohibirlle á xente a disfrutar deste deporte, pensando sempre no bo cazador, hai que lexislar para o legal, eu non penso no que ven furtivear. Non penso aguantar chamadas de xente tódolos xoves dicindo que fulanito anda a tiros aquí e acolá, que matou unha perdiz non sei donde… non; cazouna porque se pode, cazou legal e así estamos ben todos. Esta xunta directiva demostrou que así é viable xestionar o tecor e funciona. É a nosa maneira de gobernalo, tal vez hai quen o sabe facer mellor ou doultra maneira, cazando menos días ou con menos xente, pero nós non; esta xunta directiva que presido, non. Por eso ofrecemos a posibilidade de que se puxerano mando outros. Ninguén deu o paso.


ÚLTIMA PALABRA

Agora tes a oportunidade de transmitir o que queiras. Algo que engadir a esta entrevista que che quedara na punta da lingua?

Nada, simplemente reitero que me gustaría que houbese quen presentara unha candidatura e fixesen como lles dera a eles a gana, pero non houbo esa sorte.


POLO MIÚDO

  • Un prato para xantar: Bacalao á portuguesa
  • Acompañado por cal bebida: Un bo viño, Godello
  • Un recuncho para pasar unha tardiña: Foz, no verán
  • Se non foses conductor serías: Non me vexo noutra cousa
  • Non podes vivir sen: Non teño nada sen o que non poida vivir
  • Un hobby: A equitación
  • O que menos soportas é: A mentira
  • Punto favorito para cazar no tecor: A Molareda
  • E fóra do tecor: Negueira de Muñiz
  • Unha especie para cazar: O xabaril
  • Unha raza de can: Calquera, que cace

Comparte esta noticia


Imaxes