Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia COÑECENDO O TERRA CHÁ!

COÑECENDO O TERRA CHÁ!

Fabián Eiras Leivas, nativo de Sandanxe (A Pastoriza), e Manuel CarballeiraCouso, Manolito de Xustás (Cospeito), son as alma mater da cuadrilla “Os daTroula”, representantes habituais do Societario de Cazadores Terra Chá noscampionatos de raposo. Levan toda a vida vinculados ao mundo da caza, a pesarde seren moi novos, pero venlles de familia. Apaixonados de calquera tipo decaza, pero en especial do xabaril e do raposo, cóntannos un pouco da súatraxectoria no mundo da caza e no Tecor Terra Chá.

Amigos Manolo e Fabián, contádenos de onde vos vén a vosa paixón pola caza e comofoi evolucionando cos anos.
Fabián: Boa pregunta… Dende pequeno sempre me chamou a caza. Como meu pai emeu padriño Jacinto eran cazadores, pois empecei con eles. Comecei coa escopeta doGallego de Gueimonde, que a el nunca lle gustou tirar, e eu ía feliz, deixábame os tiros etodo (risas). Daquela non había as envidias que hai hoxe. Íamos ao corzo e ao raposo coscans de meu pai, pero eu ía ao tiro (risas). Sen embargo, agora é ao revés: o que meinteresa son os cans.
Manu: Pois eu practicamente igual. Ía con meu pai ao Cádavo ao xabaril dendepequeniño. Chamaba eu a meu pai: “A ver, oh, adormeciche?” (risas). Daquela íamos aoxabaril, en teoría, pero igual caían 9 ou 10 pezas e logo había que esfolar; sempre lletocaba ao burro (risas), mentres os outros ían po bar. Aínda así gustábame moito,vivíao. Eu sempre ía cun paisano maior para postura; disparaba el, con munición nonautorizada (risas). Fai moitos anos diso, antes a caza era moi distinta

Sempre vos gustou a caza do raposo, e dende hai uns anos participades noscampionatos. ¿Que vos levou a apuntarvos a primeira vez?
Fabián: Cando empecei coa cuadrilla de Xermar ao xabaril xa fun con Néstor de xefeaos campionatos. A min gústame moito a tensión da competición, e tamén algo polajuerga posterior. É un día de caza diferente, pero moi chulo. Estás aquelas horas alí e tesque dar o nivel competitivo.

A vosa cuadrilla é “Os da Troula”. ¿Quen tivo a idea de participar nos campionatos?
Fabián: A min sempre me gustou, foi cousa miña. Eu ía aos campionatos cos deFontefría, con Álvaro “Fonta” e Pablo e esta xente, que lles gustaba moito. A minencantoume aquel ambiente e decidinme a xuntar unha cuadrilla. Aquel ambiente éespecial.

Contádenos o voso palmarés nesta competición.
Fabián: Clasificámonos tódolos anos para o campionato galego, que ten moito mérito. Oano pasado incluso sendo subcampións galegos. Tamén fomos subcampións provinciaisun ano.

Presentádenos ao voso equipazo.
Manu: Ademais de nós os dous, temos a Antonio Eiras e Jacinto Leivas, que son pai epadriño de Fabián; Carlos e Carlos Antonio Merodio, que son pai e fillo; os irmáns LópezSeara, Jorge e Diego, e o seu primo Iván; e Juan Pablo Fernández. Todo xente nova, émoi importante.

Nestes campionatos adoita participar tamén a cuadrilla “Aparta que aí vamos”. ¿Haipique san con eles ou son uns competidores máis?
Fabián: Ningunha. Competir coma os demais, pero ata aí, por suposto. Este ano levaronalgunha xente diferente, de Rioaveso (Vilalba). Coñecemos a todos e oxalá o fagan moiben no galego.

Esta edición do provincial foi boa para o Terra Chá, con vós no cuarto posto e “Apartaque aí vamos” no terceiro, ambos clasificados para o galego. Cóntanos como sedesenvolveu a vosa competición.
Manu: Foi moi competida. Tivemos que desempatar a sorteo, xa que as dúas cuadrillascazamos unha parella de raposos, macho e femia. Tirouse a cara ou cruz e eles quedaronterceiros, pero ambos nos clasificamos para o galego, que era o importante.
Fabián: Non había moito raposo, cazáronse 12 namais. Nós levantamos 3 e cazamos 2.Era bastante extensión, chegábase dende Portomarín ata San Mamede. Tocounos un guíabo, tivemos sorte, que é moi importante.

¿Que expectativas tedes para o campionato galego?
Fabián: Ganalo, por suposto, a iso imos sempre. Punto. Xógase para gañar (risas). Nonlevamos outra cousa na cabeza. Na Fonsagrada (Lugo), nun provincial, xa quedamossegundos, así que temos boa experiencia alí, pero é complicado cazar o raposo nesasmatas tan grandes.
Manu: Sempre a gañar. A Fonsagrada é un sitio complicado. No provincial houbocuadrillas ás que lles levou unha hora chegar ao cazadoiro. Iso é moi importante tamén,pode quitarche moito tempo de caza.

¿Cal é o voso truco para estar sempre ben clasificados? Contádenos a vosa estratexia.
Fabián: A clave é ser competitivos. Cando estás alí tes que competir para gañar. Eusempre intento fichar xente nova, porque hai que estar áxiles. Ter os cans ben controladostamén é fundamental: se andas detrás deles toda a mañá non fas nada. Tamén é certo quetemos cans moi bos; o ano pasado en Portomarín puidemos cazar 7 ou 8, pero fallamosos tiradores. Incluso un dos cans venteou o raposo na última mata, e nós pensando queera o xabaril. Foi unha pasada.
Manu: Hai que ter xente nova e áxil, sobre todo para coller cans, senón perdes moitotempo. No pasado provincial levantamos 10 corzos, 3 raposos e 1 xabaril. Se non tesxente que se manexe ben collendo os cans, perdes a mañá completa e non fas nada. A sorte tamén é moi importante, pero os cans teñen que facelo ben. Nós pasamos moitashoras cos cans, e así é a maneira de que traballen ben.

Nestes campionatos téñense descuberto varios tramposos. ¿Cales adoitan ser esastrampas? ¿Que opinades ao respecto?
Fabián: Levalos conxelados cando non había veterinarios, iso escóitase ás veces. Outrosque lles traen raposos cazados noutros cotos o mesmo día… Non ten sentido facertrampas. Hai que competir para gañar sempre, pero ata aí.
Manu: Eu non o fago, Dios me libre, non ten sentido. Se ganas, ganas, e se non, non pasanada, pero ser legal. Fai anos había cuadrillas que gañaban tódolos días, aquí e acolá,daba igual o sitio. Iso era imposible, que a sorte tamén xoga.

Na caza ordinaria tirades máis polo xabaril. ¿Cal é o motivo?
Manu: Eu só ía ao xabaril no Cádavo, pero houbo alí un problema e logo xuntamos canspara o raposo e empezamos a ir seguido, xa no Terra Chá. ¡Non sabes canto cazabamos!Poñiamos radios ao redor do toxeiro e eu berraba na outra punta, deixando a meu pai nomellor carreiro e todo calado. Saíanlle todiños (risas). Daquela non é como agora: ías aun toxeiro e cazabas un ou dous raposos; volvías o seguinte fin de semana e volvía terraposo. Agora nada, hai pouco. Eu teño cans do raposo e pásoo moi ben cazándoo, voupracticamente tódolos domingos. É moi bonito sentir os teus cans petando para cazalo.
Fabián: Eu agora tiro polo xabaril porque teño un equipo de cans que me responde,disfruto deles e teño que aproveitalo. A adrenalina que che dá o xabaril cando vén cara ati non cha dá outra especie.

¿Que vos pareceu a tempada do xabaril este ano no Terra Chá?
Fabián: Foi moi boa, os números non minten nunca, foi impresionante. No tempo deadestrar non había un, non se vía unha fozada nin collías un rastro, e chegou o tempo decazar e hóuboos a rabaños. De feito, acabou a tempada e segue habendo ben deles.
Manu: Eu levaba moito tempo dicindo e meu pai era o primeiro que a ese ritmoíamos acabar con eles, e ao final cada vez hai máis. É verdade, é algo incrible.

¿E a do raposo? ¿Vanse recuperando da sarna?
Fabián: Seguen tendo algo, o raposo foi a menos. Eu creo que este ano se vai notar quenon hai o campionato social: cazábanse moitos, e eses van quedar. Cázanse moitosraposos neste tecor ao longo do ano, hai cuadrillas que van tódolos días.
Manu: Algo teñen todos, no rabo ou no lombo, pero teñen bastante. Algo menos de sarnahai, pero aínda non está solucionado.

Vamos falar dende un plano máis institucional. Teu padriño, Fabián, e compañeiro decuadrilla, Jacinto, foi proposto por Jaime González para presidente do Societario deCazadores Terra Chá no seu momento, aínda que declinou a oferta. ¿Sabíadelo?¿Credes que cumpriría o perfil?
Fabián: A verdade é que non o sabía, pero xa lle pregunto mañá (risas). Eu creo que nonlle gusta moito iso, aínda que dá o perfil, pero igual é sensato de máis (risas). Non é tanfácil estar aí. Eu penso que para el non vale porque é demasiado recto, e ás veces hai queceder algo.

Adrián Rodríguez é o actual presidente. ¿Como vedes a xestión actual da sociedade?¿Coincidides coa liña que se leva actualmente ou considerades que se precisa un xiro?Falade con total liberdade.
Fabián: Eu non podo opinar moito, que non sei como están os números. En canto áxestión do xabaril, eu non vexo viable o cupo diario, por exemplo; foi un acerto quitalo,a maioría non o respectaba. A tempada do xabaril está ben configurada así. En agosto éinviable cazar para min: ese mes é para ir á praia, aí matas os cans. ¿De que serve ir aorastro toda a mañá se logo te tes que deitar á sombra ata que arrefríe o día? Para min nonvale, abúrrome.
Manu: Para min está ben, non é fácil estar aí. O do cupo está ben así, polo menos sabesrealmente os que se cazan. Ao final o cupo era para tres ou catro cuadrillas que orespectaban. Eu creo que o tecor vai na liña correcta.

Hai certa división de opinións respecto á caza os xoves no noso tecor. ¿Cal é a vosapostura ao respecto?
Fabián: Se puidera ir cazar, eu iría, pero non vou por traballo. Pero encantado de que osdemais poidan ir, que disfruten, hai que deixar a xente ir ao monte. Vexo ao tío da miñamuller: vai moi feliz, ve un par de perdices e unha arcea e vén encantado para casa. Axente que non queira ir que non vaia, pero creo que hai que deixar a xente cazar.
Manu: A min fastídiame, porque os outros poden ir cazar e eu non, que traballo. A minnon me molesta que a xente vaia, pero… A xente que pode fai ben en ir.

Se houbese a oportunidade de aumentar ou reducir o tecor, ¿apostaríades por faceloou seguiríades como estamos?
Fabián: Reducir dende logo que non. Agora que temos isto, non imos ir a menos. Foipena non acoller o Tecor de Ladra no seu momento; eu creo que foi un erro. Hai caza alí,aínda que o malo é a estrada nacional, pero iso foi unha escusa.
Manu: Aumentar non vexo moito para onde, pero non estaría mal. Iso si, reducir non.

Estamos rematando, amigos, e agora tedes a oportunidade de transmitir o quequeirades. ¿Algo que engadir a esta entrevista que vos quedara na punta da lingua?
Fabián: A cuadrilla necesita uns chalecos para os campionatos, hai que pedírllelos aopresidente (risas).
Manu: Xa falamos bastante, non estivo mal (risas).

POLO MIÚDO
Un prato para xantar… Churrasco (Manu) e cocido (Fabián)
Acompañado por cal bebida… Estrella Galicia, sen dúbida (risas)
Un recuncho para pasar unha tardiña… No monte, en acción
Se non vos dedicásedes á mecánica, seríades… En calquera cousa, o que xurdira (Manu).Non me vexo en ningunha outra cousa (Fabián)
Non podedes vivir sen… A caza
Un hobby… A pesca
O que menos soportades é… Que me chamen para un pinchazo cando estou de caza (Manu).Marchar para casa no fragor da cacería (Fabián)
Punto favorito para cazar no tecor… Rego das Agullas (Sandanxe)
E fóra do tecor… Teixeiro (Manu).Todos os que cazo mentres haxa xabarís (Fabián)
Unha especie para cazar… Raposo (Manu).Xabaril (Fabián)
Unha raza de can… Beagle (Manu).Plot Hound (Fabián)

Comparte esta noticia


Imaxes