Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia COÑECENDO O TERRA CHÁ!

COÑECENDO O TERRA CHÁ!

D. José Luis Fernández Iravedra, “O Rubio”, é xefe de cuadrilla no Societario de cazadores Terra Chá. Leva media vida exercendo como tal, e é o noso responsable de batida con máis experiencia no posto. Apaixoado tirador e cazador de lebre, cóntanos un pouco a súa traxectoria no mundo da caza e no Tecor Terra Chá.

• Amigo Rubio, cóntanos de onde che ven a túa paixón pola caza e como foi evolucionando cos anos.
Pois empecei a cazar aos 17 anos, con meu pai, xa levo uns cantos anos. Ao ir con meu pai, puiden ir un ano antes, senón non se podía ata os 18. Empecei con el e cos veciños de Ansemar.
Empecei a ir pronto á lebre, aos 2 ou 3 anos do comezo. Daquela íase a todo, ao que dera o monte, perdiz, coello, lebre… Logo xa me centrei na lebre, con Saavedra, que sempre tivo bos cans da lebre, durante moitos anos, ata que xa non puido saír de caza.

• Sempre che gustou a caza da lebre, ¿máis polo lance ou polo traballar dos cans?

Polo traballar dos cans por suposto. O lance tamén é bonito, pero ¿qué pasa?, antes os cans levaban as lebres ao inferno e volvían traela, tirábaslle á volta e perfecto… Agora non, se a deixas marchar 300m logo aparece alguén e lle zumba.
A lebre é dos cans, sempre o foi, ou os conexos, esa caza é dos cans. Antes se a cazaba outra persona, dábacha e ti dábaslle os cartuchos e todo moi ben. Agora hai xente que non. É o que hai, é unha pena.
A caza da lebre é bonita, pero pode resultar aburrida. Igual en toda a mañá pegas un tiro ou ningún. Vas á perdiz e igual pegas 40. Aquí hai que centrarse no traballar nos cans, e nos compañeiros, sempre nos compañeiros.

• Eu non son cazador de lebre, pero ten que ser moi difícil adestrar un can para esta especialidade, dada a corta tempada e as limitacións para adestrar á caza menor en Galicia, ¿cal é o teu truco?.

Truco ningún, hai que sacalos. Antes salíase máis, andábase máis anque fose fóra da lei. Agora cos días de adestramento que hai non se dan feito. Ter os cans pa lebre, cos días de caza que hai, non é rentable. Pero bueno, é a afición.
Para facer os cans, tes que saber onde hai unha lebre, tes que ver o abono e ilos levando alí, hai que axudarlle ao can e ir alí. Pouco a pouco vanse facendo.
Eu sempre crío dos meus cans, teño 3 hoxe. Regalárame un compañeiro de Friol un, e a raíz de aí fun criando.

• No Tecor Terra Chá temos 3 zonas de adestramento, ¿hai lebre nelas para poder adestrar algo?

Algunha sí hai, para poder facer un can algunha hai pa entretenerse.
Pero claro, agora acabouse a lebre e se te ven no monte cos cans, xa pensan que a estás cazando, e non é así.

• Creo que non vas solo cazar a lebre, ¿quen son os teus compañeiros de “batalla”?

Antes viña Toño con nós, pero agora especializouse na perdiz (risas). Agora veñen sempre Javier Veiga e Paulino Saiz. Paulino leva comigo moitos anos, Javi é máis reciente, tamén e máis novo e empezou máis tarde, pero gústalle moito.
Cazamos pola mañá e logo imos comer, pasámolo moi ben, chega ben coa mañá. Temos ido pola tarde, pero ¿para qué?. Imos pola mañá e se cazas unha ou dúas perfecto, e se non cazas ningunha tamén, vas comer e pasáchelo ben igual, é o que hai que mirar.

• Finalizada a tempada da lebre por este ano, ¿qué che pareceu a densidade? ¿Cal foi a evolución os últimos anos?

Eu por comentarios oín que había ben dela. Nós, sen embargo, foi un dos anos que menos cazamos.
Este ano viñeron moi malos días de caza pa lebre, moi mollados, choveu moitísimo e había moi pouco rastro. Só tivemos un día de bo clima. Ainda así algunha apareceu, pero non é o mismo, os cans non traballan igual, prácticamente cazas ao levante e namais.

• ¿Qué munición utilizas ti para a caza da lebre?

Eu gasto tiros do 6. Hai moita xente que utiliza o 7, pero pa min é moi finiño. Houbo xente antes que usaba o 5, en días de xeada sobre todo, é un tiro moi cerrado pero pa un bo tirador da igual (risas). Hai que abatirlle, o tiro da igual cal sexa.

• Nalgunha ocasión nos tes transmitido á xunta directiva a túa preocupación polo aumento de cazadores de lebre no tecor, ainda que tamén es consciente de que os socios fan falta para o mantemento económico da sociedade; na túa experiencia persoal ¿é habitual ter que cambiar de zona por exceso de cazadores ou non é tan alta a densidade de apaixoados da lebre?

Bueno, en momentos puntuales sí tivemos que cambiar, pero non é o habitual. Algunha vez sí cambiamos, non me gusta meterme onde xa está cazando xente, igual que non me gusta que se metan na miña zona, e non pasa nada, vas para outro sitio. Hai xente que non o fai, pero bueno, eso é cuestión de cada un.
Nós se hai varias lebres nunha zona, cazamos unha ou dúas e cambiamos de zona, porque esas lebres que quedan poden criar para o seguinte ano. Se as cazas todas, é moi complicado que volva haber na próxima tempada.

• ¿Aos cazadores de lebre con can de rastro igual vos perxudica máis a xente que captura lebres con can de pluma non?

Non, perxudicar non perxudican, a caza é de todos, da igual can de pluma ca de pelo. ¿Qué pasa?, agora hai máis xente cazando perdiz e, se o can llela para, fan ben cazala, a caza é dos cans, ¿por qué non lla vas cazar ao can? Están no seu dereito, eu vexoo ben.

• Cambiando agora de especie, ¿qué che a tempada do xabaril? ¿Mellor ou peor respecto a anos anteriores?

Quizais estivemos máis afinados na nosa cuadrilla, eu creo que hai máis ou menos coma outros anos. Ao principio non parecía que houbera gran cousa, pero logo foron aparecendo.
Os xabariles andan en grandes grupos, será cuestión de defenderse do lobo, é o normal, os grandes defenden os máis pequenos. Os cochos grandes non se deberan matar, defende a manada, o que pasa é que si che sale, non lle hai que facer… É o mesmo que se che sale una cocha preñada, no instante do lance non llo sabes, é o que hai.
O xeito era solo cazar as crías namasi, deixar os adultos para lograr que criaran, pero non se fai, cando sale non nos damos aguantado o dedo no gatillo (risas).

• ¿Atréveste a facer un pronóstico de capturas a fin de tempada? Queda pouco, telo relativamente fácil

Depende do clima que veña e a pericia dos aplazadores, se fai bo tempo seralles máis fácil atopalos, se chove moito como este sábado pasado, pois moito máis difícil. Xa veremos.
Cando chove, o cazador ten que ser consciente de que se vai mollar, levar roupa seca para cambiarse e cazar. Pero non, hai xente que leva o paraguas, que non fai máis ca estorbarlle e móllase igual, ou quen se mete no coche. Logo sale o xabaril, van os cans alí e diche que non o viu (risas).

• Ti tamén es xefe de cuadrilla dende fai moitos anos, ¿es o máis veterano do tecor? ¿cómo levas ese cargo de tanta responsabilidade?

Son o que leva máis anos consecutivos, sí. Levo desde que existe a caza (risas). Empecei o segundo ano que empezou a caza de corzo en Castro de Rei, daquela non existía o xabaril siquiera. Tería eu 20 ou 21 anos, e xa non o deixei. Outros alternaron épocas de ser xefe de cuadrilla e non o ser, eu fun sempre dende aquela.
Ser xefe de cuadrilla non é fácil, a xente non é consciente do que conleva eso, hai moita responsabilidade legal. Vouno levando, os compañeiros axudan, e alguén ten que selo. Eu agora deixábao de boa gana, son moitos anos. Teño a sorte de que a xente me respeta, non hai moita queixa, temos unha cuadrilla moi boa, nunca tivemos problemas.

• ¿Cómo foi o inicio da vosa cuadrilla?

Eu empezara cazando coa cuadrilla de Bazar, con Manolo de Lugo, que logo atropelaran en Duarría intentando tornar os cans da carretera, estivera á morte o pobre. Fun o primeiro ano con eles, e o segundo xa fixen cuadrilla con compañeiros que cazaban en outras. Daquela en Castro de Rei había 4 cuadrillas creo recordar, e a nós de seguida se nos xuntou a de Loentia, e ata hoxe.
Dos que comezamos xuntos, eu creo que xa non queda ningún, non sei Paulino cando empezou, leva moitos anos, pero dende o principio non recordo ben. Pepe de Matodoso leva moitos anos tamén, pero non recordo exactamente se xa estaba dende o principio, e Segismundo e o cuñado tamén teño dudas, pode ser ser que xa estiveran, son moitos anos para acordarse (risas).
Recordo que daquela había que xuntarse en Quintela 10 socios para saír, e viña a Guardia Civil comprobalo, senón tiñas que voltar pa casa. Algunha vez ten vido xente pasar lista e logo voltaba pa casa, agora pódese dicir (risas). Tamén cando cazabas un corzo había que ir ensinalo alí. Fai moitos anos diso.

• A vosa cuadrilla tamén adoita cazar corzo e raposo, ¿Cómo crees que está a densidade destas especies no noso tecor?

Ao raposo non fumos nada ainda, pero hai pouco, había que deixalo recuperar densidade.
Corzo ainda vai habendo, nós fumos cazando varios machos, e por aí as outras cuadrillas foron cumplindo tamén. E femias tamén se ven, eu creo que non hai queixa.

• ¿algunha suxerencia en canto á xestión das especies de caza maior, cambiarías algo?

Para min está ben. No corzo sácanse uns cartos nos axexos que fan falta pa sociedade, e para as cuadrillas quedan suficientes. As femias está ben deixalas tranquilas
O raposo hai pouco, eu deixaríao repoñerse algo, para que poidan criar e volver aumentar coma antes.
No xabaril está ben así, cupo libre lóxicamente, porque os cupos diarios traen problemas, eu vivinos e a caza non é iso. Se hai que parar antes, párase antes e xa está, non hai problema ningún.

• Ti viviche a unión dos tecores de A Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito, para crear o Terra Chá, ¿cómo o recordas? ¿houbera moito rebumbio entre os socios ou fora aceptado como un adianto?

Eu creo que a xente estaba a favor. Houbo algún que decía que en Pastoriza había máis caza, pero non tiñan socios pa sostelo. Pero ao final todo o mundo estaba dacordo, compartir os gastos era fundamental pa soster os cotos.

• Agora coa ventaxa do tempo transcurrido, ¿crees que foi un acerto ou un erro?

Para min foi un acerto pleno. O coto de Castro de Rei non estaría xa seguramente, non o daríamos sostido a este precio. Ti podes cazar en máis terreo por moi pouco precio, é un luxo.

• Volvendo á actualidade, ¿crees que a xestión no Societario de cazadores hoxe está na boa liña ou paréceche que hai que pegar un xiro?

Eu sempre pensei que meter moitos socios de fóra ía ser un problema, agora entendo que non. E non o digo só polo tema económico, que eso poñendo máis teríamolo solucionado. O problema é pola caza, a promoción dela, sen xente no tecor a caza irá desaparecendo e non quero iso.
Recordo cando se retirara o desconto de 30€ aos maiores de 65 anos, moitos déranse de baixa por eses cartos. Esa xente non era cazadora de verdade, que logo eses 30€ gastábanos no bar e non os choraban. Está ben así.

• ¿Algún punto que consideres que hai que mellorar especialmente?

Sempre haberá algunha cousa que se poida mellorar, desde logo. Eu aclararía máis os días que se pode cazar a lebre. Aquí só se pode ir os domingos e festivos á lebre, e houbo xente que foi os xoves porque non se enterou, eu penso que hai que deixalo máis claro.

• Se houbese a oportunidade de aumentar ou reducir o tecor, ¿por cal apostarías?

Reducir desde logo que non, non ten xeito. Pa aumentar depende en qué zona, se é boa de caza dende logo que sí (risas).

• Agora tes a oportunidade de transmitir o que queiras, ¿algo que engadir a esta entrevista que che quedara na punta da lingua?

Nada, non me quedou nada, abrinme o que facía falta (risas).

POLO MIÚDO:
• Un prato para xantar…
A lebre, sen lugar a dudas
• Acompañado por cal bebida…
un viño bon, Mencía eso sí
• Un recuncho para pasar unha tardiña…
No sofá vendo unha película
• Se non te adicases á obra civil, serías…
Non me vexo noutra tarea
• Non podes vivir sen…
a caza
• Un hobby…
a caza, levo toda a vida con ela
• O que menos soportas é…
eu son de bon levar, non hai nada que me irrite especialmente
• Punto favorito para cazar no tecor…
Calquera do concello de Castro de Rei
• E fóra do tecor…
ningún, son leal 100% ao Terra Chá (risas)
• Unha especie para cazar…
a lebre
• Unha raza de can…
o beagle

Comparte esta noticia