Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia COÑECENDO O TERRA CHÁ!

COÑECENDO O TERRA CHÁ!

D. Juan Antonio Pena Pillado é o vicepresidente primeiro do Societario de cazadores Terra Chá. Xunto co vicesecretario Jaime González Penelas, son os membros da xunta directiva máis lonxevos actualmente, no que suma una traxectoria de 4 anos como vogal na xunta directiva presidida por D. Juan Antonio Yáñez Díaz, e 8 como vicepresidente segundo con D. Jaime González Penelas na presidencia, escalando en responsabilidade ata a xa nomeada vicepresidencia primeira actual. Fiel compañeiro e “comercial” do tecor alá por onde pasa, cóntanos un pouco a súa traxectoria no mundo da caza e no Tecor Terra Chá.

Amigo Toño, cóntanos de onde che ven a túa paixón pola caza e como foi evolucionando cos anos
Pois a miña pasión por cazar foi miña, porque na miña familia cercana só foi cazador meu avó que eu non coñecín, ademáis de meu tío Manuel da Pena. Logo comezou a cazar meu irmán pero ata aí ninguén.
Comecei porque me deu por aí, tiña amigos cazando o xabarín e tamén na lebre, por acompañalos.

Fuche evolucionando cara a caza da pluma, ¿foi pola paixón polos cans ou por vivir máis lances en primeira persona?
Foi máis ben polos cans, son máis dóciles, pero tamén por vivir lances. Ti vas á lebre e igual das cun rastro pola mañá cedo e estás ata as 12 do mediodía nel, e pode ser que non a logres abatir ou nin siquiera disparar.

Dende o punto de vista de cazador, non de directivo da sociedade, ¿qué che parecen as perdices deste ano? Mellores ou peores respecto a anos anteriores?
Eu penso que as perdices deste ano son as mellores de todas as que levan vindo dende que son directivo. Explícome, non como pa levar unha gran percha pa casa, pero sí para dar traballo, po facer dos cans e para andar, son moi boas. Dan moito que facer, vente, arrancan lonxe, póusanse, vólvense levantar… É moi difícil dar con elas se non as abates no primer levante. Teñen moita saúde e son fortes, moi fortes. Este ano coincidiu así, igual para o ano é ao revés. Xa coincidiu algún ano de saír peores, e a xente dicía que o proveedor as mezclaba, que non eran de Molleda, que compraba doutros sitios para cumprir con nós… Agora este ano chegamos a un punto no que a xente chega a queixarse de que son demasiado bravas, pero a min válenme así, o noso obxetivo é pasalo ben. Hoxe, por exemplo abatimos tres entre tres compañeiros dando monte toda a xornada, como se fose só unha ou ningunha, a min váleme igual porque demos con elas e botamos todo o día cazándoas, divertíndonos.



    • ¿Adícaslle toda a tempada ás perdices ou cazas tamén a arcea?

    Botaremos cazando perdiz ata fin de novembro ou así, logo cambiaremos á arcea. De feito agora xa iremos os xoves á arcea á zona de Monforte. En decembro cambiamos xoves e domingo á arcea, deixamos as perdices para adestrar dende que remate a caza, que este ano van quedar moitas se Deus lles da saúde.

    Indo xa ao plano máis corporativo na nosa sociedade de caza, ¿qué te levou a iniciar a túa andadura con Juan Yáñez de presidente?
    Creo recordar que xa estiveras noutra candidatura previamente, queda claro que tiñas ganas de colaborar co noso societario de cazadores
    Sí, xa presentáramos unha candidatura fai un montón de anos uns amigos e eu, naquel momento aquí gobernaba outra persoa e tiñamos a idea de cambiar o tema, pero perdemos nas eleccións. Quen estaba aquí de primeiras quería apoiarnos a nós e logo apoio aos outros, pero está perfecto, non pasou nada.
    Logo para ir con Juan Yáñez chamoume José Luis Lodos, que había que botar una man e entrar nesa directiva, e aquí estamos dende entón, xa fai 12 anos, hai que cumplir.

    ¿Cales foron as túas tarefas con Juan? ¿Qué recordos che quedan desa época?
    En principio naquela lexislatura a miña misión era opinar sobre a caza menor e botar unha man coa cetrería, básicamente opinar. Compartiamos algunhas ideas pero ata aí.
    Aquela directiva foi moi boa, fixemos moitas cousas boas, salimos dun pozo moi profundo, gracias a todos pero especialmente a Juan Yáñez, daquela era para abandonar todo, dimitir todos e que fose o que Deus quixese, pero Juan activouse fuerte, cos seus coñecementos, contactos, etc. Botoulle unha man enorme ao tecor, eso solo era capaz de facelo Juan ou outro coma el, un empresario dese nivel. Fixo moito polo tecor sen recibir nada a cambio, foi unha figura totalmente imprescindible.
    Nesa época, Juan sufriu moito desgaste e dixo ata aquí, foi normal. Esa situación pode provocar quedarse obsoleto ou quedarse atrás, hai que evolucionar sobre a vida, Juan foi moi listo e puxo fin a tempo. Sen evolución podería quedarse a sociedade con 500, 400 ou 300 socios, prácticamente abocada a desaparecer, non se pode dar a razón sempre a todo o mundo, aquí cada un vai á súa comenencia. Os que teñen que dirixir teñen que escoitar a todos, pero gobernar para todos, o cal implica tomar decisións que supoñen quedar mal con alguén seguro. Juan soupo parar a tempo, é un tío moi listo.

    Unha vez que Juan Yáñez decidiu irrevocablemente non seguir como presidente e co deber máis que cumprido pola vosa parte como ben dis, sumáchete á candidatura de Jaime González, quen fora secretario ata entón, ¿qué te levou a decidirte a acompáñalo outros catro anos, despois das dificultades vividas?
    Foi moi complicado, Jaime e eu tiñamos decidido non continuar, íamos da man, se el ía eu tamén, e se el paraba, eu igual. O resultado está a vista, aquí estamos ata hoxe.

    Naquel entón, dicíase que foras a primeira persoa á que Jaime acudiu para acompáñalo xunto co actual presidente Adrián, ¿mostra de amizade e confianza ou golpe baixo jajja?

    De amizade, sempre por amizade, por suposto, eso non falla (risas).

    ¿Cómo resumes eses 8 anos de maior responsabilidade, xa que era vicepresidente segundo? ¿Cales eran as túas tarefas?
    Resumo bastante ben, o traballo ben o dou feito e gústame. Cambiaronme as tarefas porque agora levo todas as repoboacións, estou totalmente centrado en comprar perdices boas ao mellor precio posible. Pero claro, ninguén está dentro do producto, un ano saen mellores e outro peores, son seres vivos, pero ímolo levando bastante ben.
    Con tódalas subidas que houbo, as perdices saen aínda a bo precio hoxe, o mellor de todo Galicia, estamos aí, non hai moito máis que pedir. Compramos máis barato que ninguén, antes non pasaba esto. Podo dicir que desde que levo eu esta negociación, temos o mellor precio das perdices de Molleda no noroeste peninsular. Antes eso non pasaba, así que estamos aí, é moi importante.

    ¿Con qué te quedas destos 12 anos, tanto no haber como no debe?
    Eu son sempre positivo, quédome co positivo. Os primeiros 4 anos tiven algunha decepción, sempre se cede algo dende as posición de mando. Nos 8 anos seguintes tamén houbo algo que non me gustou, houbo unha cesión coa caza maior que non me gustou, non é a miña sección vaia, pero non nos podemos prostituir dende a xunta directiva. A xente trata de manipularnos dicindo que hai pouco xabarin, hai pouca perdiz, hai pouco raposo…. O que sexa, todo vale para manipularnos, e non, hai o que hai, é natureza.

    E non sendo suficientes 4 anos con Juan e 8 con Jaime, agora súmaste de novo con Adrián na presidencia, escalando na xunta directiva ata a vicepresidencia primeira, ademáis sei de boa man que ti querías que esta directiva tivera continuidade, ¿qué te empuxa a sumarte a Adrián nesta nova andadura?
    Non pasa nada, estamos aí, a Adrián temos que axudarlle entre todos, que foi compañeiro noso 8 anos, e ten que estar aí. Se faltou Jaime tiña que estar Adrián. Eu non valgo para estar de presidente, eu encendo, Jaime e Adrián saben estar, está moi ben así.

    ¿Cal é o teu obxetivo para os 4 anos?
    Manter os presupostos ou aumentalos si se pode. Temos que seguir coas repoboacións, a caza menor ten que reinar sempre, temos que levalo arriba.
    Espero tamén que non baixemos dos 800 socios, cada ano perdemos 30-40 socios e temos que loitar contra eso. As licencias de caza en Galicia baixan cada ano, o Societario de cazadores Terra Chá sube en socios, así que aquí algo se fai ben. Os números son números, ata aí podemos ler. ¿Qué temos que facer? Pois manter a caza menor, a caza maior tamén, pero sobre todo a menor que é a que nos trae socios para poder manter o nivel no tecor, sabémolo pola nosa experiencia.
    Empezamos fai 12 anos con Juan Yáñez, Jaime Juanjo e eu con 4300 perdices creo recordar, estamos en 10000, algo se fai ben, e aumentando os beneficios da sociedade. Daquela fixemos milagros que non había un duro, hoxe estamos moi ben económicamente.

    As repoboacións de perdiz no Terra Chá son coñecidas en toda Galicia e comunidades lindantes, proba delo é que temos cazadores dende Vigo ata Donosti, pasando por Zamora, O Barco de Valdeorras ou Coristanco, ¿cal crees que é a clave para que sexamos tan valorados no mundo cinexético do noroeste peninsular?
    A Coruña, O Ferrol, Coristanco, Santa Comba… de por aí vén moita xente gracias aos campeonatos que levamos feito.
    A clave para estar tan valorados é moi fácil de comprender, xa cho digo eu. Todo nace dunha raíz, o Terra Chá está saneado e ten caza. Eso, ¿a qué nos leva? A que se temos 800 socios alguén presume, outros son carnívoros e queren levar pa casa 20 pezas, que é ilegal xa que os cupos son os que son, logo suben fotos con 6 perdices e 4 lebres no mesmo día, este ano incluso, entón ¿qué pasa?
    Deste tecor falan os cazadores que levan can, que veñen cazar divertindose e ven caza, e eso vaise falando e sonando en todos lados, a base do traballo de moitos anos de poder soltar tanta caza, e eso sábese en moitos sitios. Tanto traballo está dando os seus frutos. Vas pouco a pouco ata chegar ao punto top, e agora o rei da caza menor en Galicia somos nós, o Terra Chá, a Castilla de España en Galicia é o Tecor Terra Chá.
    Antes a xente ía a Castilla cazar a perdiz, agora veñen de alí ao noso tecor. Eu estou super orgulloso do que logramos, pasámolo mal pero agora da gusto, vense os resultados, pero temos que ser moi serios, que a xente logo che di que vivimos desto e eu traballo toda a semana no meu, e polo medio adícolle tempo a esto.

    Ás veces tamén se morre de éxito, e froito diso nacen as críticas máis dolorosas, que son as das persoas cercanas a nós, ¿qué fundamento teñen estas críticas que hai que asumir na xunta directiva?
    Ti podes morrer de éxito sí, pero eso se paras de traballar, ti mentras traballes algo vaiche axudar, a sorte e o traballo. Nós hoxe somos moi guapos, pero se po ano que ven en lugar de 10000 perdices non soltamos ningunha, o conto cambia. Con decilo non vale, hai que velas, outra cousa é non as poder cazar porque che escapan, hai que velas. Ti velas e anque non as logres abatir, polo menos velas e disfrútalas.
    Esto é moi fácil, sempre te valora máis o que ven de fóra porque é profesional, o que ven facer 300 ou 500 km ida e volta non ven por carne, ven porque é un cazador top, un profesional, ten os seus cans e a maioría compiten nas probas da FGC e saben o que hai por aí adiante. Esta xente agradece ter un sitio para cazar coma o Terra Chá.
    Os de aquí, con tódolos respetos, deixannos as súas terras para cazar que é digno de agradecer, pero que pasa, ao mellor queren saír pola porta da casa e volver con 5 ou 6 perdices e que o seguinte día outras 6 ou 7, e seguir pagando o mesmo que fai 15 anos e haxa menos socios. Hoxe pagamos de cuota 100€, os de aquí non queren pagar máis e corresponden a cada un 10 perdices, así os números non dan. Xa temos un problema, as matemáticas non dan. Coa xestión actual, podemos saír de caza e ver perdices tódolos días da tempada.
    Por eso a xente de fóra nos valora tanto, andan polo mundo e ven o que hai por aí adiante. Para chegar ao Terra Chá pasan por moitos tecores por aí adiante e non paran, veñen aquí, porque saben o que é andar cazando por fóra. Os de aquí están acostumbrados a andar só por aquí, a saír co coche ou co tractor ás súas leiras e velas diario. Despois tamén faltan moitas perdices, porque claro temos un problema, vemos moita caza e hai xente que non se aguanta, o xabarín que desfai o prado, a perdiz que anda polos camiños, a lebre que hai moitas… e hai quen non se aguanta. Pero é xeral, non pasa soamente aquí.
    A xente que ven de facer 300 ou 400 km non ven ao Terra Chá pintar a mona, ven porque ten cans para cazar de verdade, senón vaise a un intensivo a León e xa está, gasta 200€ e é o puto amo, vense co morral cheo de perdices e paspallás e é o xefe. O que ven aquí é outra cousa, ven a disfrutar da caza e dos seus cans, leve unha, tres ou ningunha perdiz pa casa

    É certo que no tecor as repoboacións de coello son un fracaso ano tras ano, ¿fanse inversións para intentar solucionalo? ¿tes algunha mensaxe para estos cazadores do coello do Terra Chá?

    O do coello é un problema. A enfermidade é a enfermidade. Facemos tobeiras, facemos repoboacións, e ao día seguinte non aparece coello nin pel nin pelo, ¿onde van os coellos? Chámame a atención iso. Aos dous días non hai nada.
    Aquí xa se fixeron moitqs tobeiras. Este ano en concreto invertimos 6600€ nelas coa axuda da consellería de medio ambiente da Xunta de Galicia. Aos poucos días ímolos ver e a porta de acceso tirada, a malla tirada, etc. A xente sabe que se soltan coellos alí e bueno, pasa o que pasa. Tal vez é culpa nosa, os cazadores a veces somos terribles, recién soltados e xa non lles deixamos nin entrar nas tobeiras
    Aquí tamén pasou con xente que traballou con nós na directiva, xente que se dedicou en exclusiva á xestión do coello e os resultados foron similares. Estamos en Galicia e hai moito verde, moitas emanacións no chan, e os virus están moi presentes. Ti vas a Castela e parece que comen e beben terra, que non hai outra cousa. Aquí co verde reventan. Eu penso que é así.
    A vacuna parece que se dan para que morran aos 4 meses. É incrible. Coa peste co coello que hai por España adiante, se alguén fai unha vacuna para que sobrevivan á mixomatose, bótanos do país, calquera se atreve. Cos avances que hai na medicina, que non haxa unha vacuna eficaz é totalmente incrible, eu estou convencido de que nos engañan. Aquí soltamos coellos con todo tipo de garantía de vacunación, e os resultados foron sempre os mismos, os números non saen.
    Xente do coello que estivo con nós no tecor, que o cazou toda a vida e que coñecen ben a súa cría, non foron capaces de lograr unha supervivencia minimamente viable. Xente soltando nas palleiras de casas e morren os coellos soltados e os das casas sobreviven, ¿cómo se explica eso? É o que hai.

    Ti es comercial de profesión, e quen te coñecemos sabemos que estás feito para iso sen lugar a dúbidas, ¿Cómo venderías o tecor aos socios actuáis para mantelos?
    Temos que reciclarnos todos un pouco eu creo. Esto cambiou o conto, agora non é como antiguamente que un matrimonio tiña 8 fillos e o paisano saía cazar para levar carne para comer na casa. Iso acabouse. Agora se es cazador, un deportista, tes que ter uns cans e divertirte con eles, cuidalos, e saír a cazar e que traballen os cans. Ver a caza que poidas e a percha totalmente secundaria, a que sexa, se non é nada é maravilloso se os cans o fixeron ben, e se traes dúas pezas pois exactamente igual.
    De feito, as fotos de grandes perchas xa queda obsoleto, queda ata feo. É coma o que fuma un puro nunha cafetería, está prohibido e incluso é de mal gusto. As fotos con grandes perchas están fóra de lugar, hai que disfrutar deste deporte.
    O que queira carne, pois ten que ir ao xabarín e levar un enteiro pa casa e xa ten pa todo o ano. A caza é deporte, e hai que entendela así, porque presumir do que un mata non me gusta nada, anque lle parezca mal a moita xente, pero hai que convivir con todos.

    ¿E aos aspirantes?
    Os aspirantes tiñan que vir comigo (risas). Con tódolos respetos, fastidiame que a xente nova se inicie na caza maior. Non por nada, pero é un error, viven menos lances. Se teñen sorte, un día pode ser que haxa un tiroteo e lles toque tirar. Pero despois igual pasan 8 días que non pegan un tiro, e os chavales unha que xa non teñen compromiso porque xa non teñen can, só levan arma, e outra que logo se aburren. Para iso é mellor que empecen máis tarde ou que non empecen, porque se se aburren xa se cruzan e xa non volven a nada. Para min é un problema grave para empezar.
    Eu creo que a xente que cazamos deberamos ter iniciativa para axudar no inicio aos rapaces. Un rapaz que queira comezar a cazar, levoo eu encantado á menor, ensinarlle o que é a caza, non é tan grave. ¿Qué nos importa levar a dous chavales con nós? Polo alí, que vexan as posturas dun can e lle tiren ás perdices, ou que vaian esperar aos patos e peguen 20 tiros. Non cobrarán ningún, pero divírtense e queren volver. Viven máis lances nun día ca en toda a tempada de caza maior.
    Tamén creo que habería que facilitarlles a incorporación á caza. Hoxe para sacar as licencias casi hai que ter un máster, nin todo blanco nin todo negro, dificultan moita a entrada de cazadores. Ou o chaval xa cazou co pai ou un amigo antes, ou non empeza ninguén.

    Agora tes a oportunidade de transmitir o que queiras, ¿algo que engadir a esta entrevista que che quedara na punta da lingua?
    Algo sempre queda, pero algunhas opinións non valen para poner (risas).

    POLO MIÚDO:

    • Un prato para xantar
    … Carne ao caldeiro
    • Acompañado por cal bebida…
    Viño tinto, Rioxa a poder ser
    • Un recuncho para pasar unha tardiña...
    un bar normal e corrente
    • Se non foses comercial serías…
    detrás da barra, o meu é a hostelería
    • Non podes vivir sen…
    os da casa, a miña familia, sempre
    • Un hobby…
    A caza, por suposto
    • O que menos soportas é…
    enfadarme. Non me gusta que haxa problemas
    • Punto favorito para cazar no tecor…
    Calquera do concello de Castro de Rei
    • E fóra do tecor…
    Castro de Rei de Lemos
    • Unha especie para cazar…
    perdiz e lebre
    • Unha raza de can…
    o setter

    Comparte esta noticia