COMEZA UNHA NOVA TEMPADA XABARILEIRA
Sábado 13 de setembro, ben cedo pola mañá, comezaron as xuntanzas cafeteiras nos locais hosteleiros dentro do perímetro do tecor Terra Chá. Dez cuadrillas, cos seus 15-20 compoñentes, dispoñíanse a iniciar unha nova tempada de xabaril no noso tecor.
Unha tempada, a 2025/2026, que se prevé de menor número de capturas polo visto nos adestramentos primaverais, ademáis da sensible mitigación de danos nas fincas de millo da nosa contorna e a reducción de accidentes de tráfico con xabariles nas nosas vías, acompañado polos mínimos avistamentos efectuados durante a sementeira do millo e nas xornadas de axexoao corzo realizadas entre os meses de abril e xullo. Todo isto levou á decisión asamblearia de reducir os días hábiles de caza de xabaril, aprobada por ampla maioría
Chegado este primeiro día, con temperatura favorable para o bo traballo dos cans, a pesar da falta de humidade no ambiente, todo apuntaba a poucos avistamentos e lances escasos, pero nada máis lonxe da realidade... o fin da xornada arroxou un resultado de 18 capturas entre as dez cuadrillas, o maior número de xabariles cazados dende o 2019 (dende que temos rexistros revisables) nun primeiro día de caza e no mesmo fin de semana histórico, o segundo de setembro.
¿Espellismo ou realidade? O tempo o dirá, pero todo apunta á movilidade dos xabariles para “xustificar” este aumento de densidade das últimas semanas, atraídos pola gran cantidade de alimento que temos no tecor coa maduración do millo, o que probablemente nos leve á “retirada” destos animais á súa orixe en canto finalice a recolleita.
Mentras tanto, os cazadores do Terra Chá axudaremos aos nosos compañeiros gandeiros a paliar os posibles danos que sufran nas súas fincas, insistindo nas cacerías e tratando de mellorar as capturas nas zonas de maior sensibilidade, e así lograr a perfecta convivencia entre cazador e gandeiro, como así está a ser ata agora.