Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia Chegan as primeiras soltas nas zonas cazables do Tecor Terra Chá!!

Chegan as primeiras soltas nas zonas cazables do Tecor Terra Chá!!

Son moitas as perdices que se van soltar nos nosos terreos, para desfrute dos socios cazadores do Terra Chá e os seus cans. Como é lóxico, Agrocinexética Molleda non é capaz de entregarnos as 10000 perdices en 3 días, polo que se acordou variar o procedemento. Máis días de traballo que se farán con gusto para tratar de favorecer o transporte das aves, reducir o estrés da captura e transporte, e mellorar a súa mellor adaptación á contorna, que é o obxetivo principal deste cambio.

Para logramo, imos pasar a soltar 2 días por concello, e así serán os días e repartos deste primeiro envío:

Venres día 8 agosto

Ás 8 da mañá no campo de fútbol de Cospeito:

Támoga
Pino
Seixas
Vilapene
Sistallo
Muimenta

Sábado día 9 agosto

Ás 8 da mañá no campo de fútbol de Cospeito:

Santa Cristina
Cospeito
Xermar
Roás
Momán-Lamas.
Bexán


.

Por suposto, todos aqueles socios que queiran acompañarnos nas soltas poderán facelo libremente, para observar os primeiros voos das patirroxas que, agardemos, nos farán gozar dunha tempada cinexética memorable.

Comparte esta noticia