Noticias

Tecor Terra Chá

Foto noticia AUMENTO DA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

AUMENTO DA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O pasado 25 de agosto ven de publicarse no BOP provincial a aprobación definitiva da saxudas da Excma. Deputación de Lugo, personificada na súa vicepresidencia área de deportes, artesanía e deseño e memoria histórica, conforme ás subvencións destinadas a entidades e clubes deportivos da provincia de Lugo en con correncia competitiva para a anualidade 2025.

Para o Societario de cazadores Terra Chá son grandes novas, xa que se logrou un aumento sustancial da contía a percibir, unha vez se xustifique debidamente no prazo estipulado, e que nesta anualidade ascende a 4252€, o que supón un aumento de case un 97% respecto á aprobada no 2024

Esta subvención é ameirande axuda deportiva recibida das administracións públicas a esta sociedade anualmente, en especial nesta ocasión co aumento recibido, e supón un importante impulso para conformar o presuposto anual do Societario de cazadores Terra Chá.

A xustificación está vinculada principalmente ao seguro de responsabilidade civil que cubre aos deportistas da nosa sociedade, xunto cos gastos soportados en pago de mantemento do dominio e páxina web, facturas de roupa deportiva e demáis cargos varios.

Ao iniciar seo trámite desta subvención de con correncia competitiva 2025, esta xunta directiva tiña a esperanza de que se mantivese nos números de 2024, pero a administración provincial tivo a ben premiar o traballo e implicación desta sociedade deportiva, co fomento do deporte e o coidado do medio natural, recoñecendo a caza como un motor económico importantísimo na nosa comarca, e parte fundamental na saúde física e mental dos deportistas desta sociedade

Grazas pola axuda!!

Comparte esta noticia